Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
Noticias
XORNADAS DE VOLUNTARIADO NA RESERVA
04/11/2019

Xa comezamos as xornadas de voluntariado postestival na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

 


Foron os voluntarios de Alcampo Vilagarcía os que inauguraron as actividades na praia e duna de Area da Cruz cunha limpeza e extracción de plantas exóticas invasoras.

 


A segunda xornada na que colaborou o BBVA, consistiu na retirada de residuos contaminantes da praia da Lanzada, na que destacaron as cordas e os cabos da actividad pesqueira varados na area por causa do temporal.

 


E a terceira actividade foi un obradoiro de caixas niño con Axa, onde nenos e adultos gozaron montando niños para páridos, que posteriormente foron colgados en diferentes árbores da Reserva.

 


Todas as xornadas foron moi produtivas e os participantes quedaron moi satisfeitos polo traballo realizado.

 


Mil grazas ao Concello do Grove e aos voluntarios de Alcampo Vilagarcía, BBVA e AXA, que dedicaron o seu tempo libre a achegar o seu gran de area en favor da natureza e das aves!!

 

 
DÍA DAS AVES NA RESERVA
18/10/2019

DÍA DAS AVES NA RESERVA

Na celebración do Día das Aves 2019 na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, como o tempo nos acompañou, os 24 participantes da xornada percorremos diferentes ecosistemas para buscar a maior variedade de aves.

Identificamos 77 especies como patos, garzas, aves rapaces, limícolas, ardeidos, aves mariñas, paseriformes, etc.

De entre todas destacamos un bilurico escuro (Tringa erythropus), especie invernante migradora escasa no noso territorio e unha píldora dourada americana (Pluvialis dominica), especie divagante excepcional por ser nativa da tundra ártica pero de Norteamérica.

As aves achégannos vida e alegría, polo que o Día das Aves 2019, os participantes gozamos e fomos un pouco máis felices.

Lista de aves:

Nome científico

Nome galego

Nome castelán

Spatula clypeata

Cullerete

Pato cuchara

Mareca strepera

Pato frisado

Anade friso

Mareca penelope

Pato asubiador

Silbón europeo

Anas platyrhynchos

Lavanco

Ánade azulón

Anas acuta

Pato rabilongo

Anade rabudo

Melanitta nigra

Pentumeiro

Negrón común

Tachybaptus ruficollis

Mergullón pequeño

Zampullín común

Platalea leucorodia

Cullereiro

Espátula común

Ardea cinerea

Garza real

Garza real

Egretta alba

Garzota grande

Garceta grande

Egretta garzetta

Garzota

Garceta común

Phalacrocax aristotelis

Corvo mariño cristado

Cormorán moñudo

Phalacrocorax carbo

Corvo mariño grande

Cormorán grande

Accipiter nisus

Gabián

Gavilán común

Buteo buteo

Miñato

Busardo ratonero

Rallus aquaticus

Rascón

Rascón europeo

Gallinula chloropus

Galiñola común

Gallineta común

Fulica atra

Galiñola negra

Focha común

Haematopus ostralegus

Gabita

Ostrero euroasiático

Himantopus himantopus

Pernalonga

Cigüeñuela común

Pluvialis dominica

Píldora dourada americana

Chorlito dorado americano

Pluvialis squatarola

Píldora cincenta

Chorlito gris

Charadrius hyaticula

Píllara real

Chorlitejo grande

Numenius phaeopus

Mazarico chiador

Zarapito trinador

Numenius arquata

Mazarico real

Zarapito real

Limosa laponica

Mazarico rubio

Aguja colipinta

Limosa limosa

Mazarico rabinegro

Aguja colinegra

Arenaria interpres

Virapedras

Vuelvepiedras común

Calidris canutos

Pilro gordo

Correlimos gordo

Calidris alpina

Pilro común

Correlimos común

Actitis hypoleucos

Bilurico das rochas

Andarríos chico

Tringa totanus

Bilurico común

Archibebe común

Tringa eruthopus

Bilurico escuro

Archibebe oscuro

Tringa nebularia

Bilurico claro

Archibebe claro

Chroicocephalus ridibundus

Gaivota chorona

Gaviota reidora

Ichthyaetus melanocephalus

Gaivota cabecinegra

Gaviota cabecinegra

Larus marinus

Gaivotón

Gavión atlántico

Larus michahellis

Gaivota patiamarela

Gaviota patiamarilla

Larus fusvus

Gaivota escura

Gaviota sombría

Columba livia/domestica

Pombo das rochas

Paloma bravía

Columba palumbus

Pombo torcaz

Paloma torcaz

Streptopelia decaocto

Rula turca

Tórtola turca

Apus pallidus

Cirrio pálido

Vencejo pálido

Alcedo atthis

Picapeixe

Martín pescador

Dendrocopos major

Peto real

Pico picapinos

Picus sharpei

Peto verde

Pito real ibérico

Falco peregrinus

Falcón peregrino

Halcón peregrino

Pica pica

Pega

Urraca común

Corvus corone

Corvo pequeno

Corneja negra

Periparus ater

Ferreiriño negro

Carbonero garrapinos

Lophophanes cristatus

Ferreiriño cristado

Herrerillo capuchino

Cyanistes caeruleus

Ferreiriño azul

Herrerillo común

Parus major

Ferreiro real

Carbonero común

Cettia cetti

Rousinol bravo

Cetia ruiseñor

Phylloscopus collybita

Picafollas europeo

Mosquitero común

Cisticola juncidis

Carriza dos xuncos

Cistícola buitrón

Sylvia atricapilla

Papuxa das amoras

Curruca capirotada

Sylvia communis

Papuxa común

Curruca zarcera

Sylvia melanocephala

Papuxa cabecinegra

Curruca cabecinegra

Regulus ignicapilla

Estreliña riscada

Reyezuelo listado

Troglodytes troglodytes

Carriza común

Chochín paleártico

Certhia brachydactyla

Gabeador común

Agateador europeo

Sturnus unicolor

Estorniño negro

Estornino negro

Turdus merula

Merlo común

Mirlo común

Erithacus rubecula

Paporrubio

Petirrojo europeo

Phoenicurus ochruros

Rabirrubio

Colirrojo tizón

Saxicola rubicola

Chasco

Tarabilla europea

Passer domesticus

Pardal

Gorrión común

Prunella modularis

Azulenta

Acentor común

Motacilla alba

Lavandeira branca

Lavandera blanca

Anthus pratensis

Pica dos prados

Bisbita pratense

Pyrrhula pyrrhula

Cardeal

Camachuelo común

Chloris chloris

Verderolo

Verderón común

Linaria cannabina

Liñaceiro

Pardillo común

Carduelis carduelis

Xílgaro

Jilguero europeo

Serinus serinus

Xirín

Serín verdecillo

Emberiza cirlus

Escribenta común

Escribano soteño

Estrilda atrild

Pico de coral

Pico de coral

 
LIMPEZA PRAIA DA LANZADA
12/10/2019

O Vindeiro sábado 19 de outubro organizamos en colaboración co Concello do Grove e BBVA unha limpeza e caracterización de residuos na paraia de A Lanzada da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, Pontevedra.

 

A actividade dirixida  por persoal especializado de SEO/BirdLife, e gratuita e aberta  para adultos e familias, en horario de 10:00 a 13:00.

 

Información e inscricions en:  Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Anímate!!

 
DÍA DAS AVES 2019
28/09/2019

Queremos un mundo con aves

Parácheste a pensar como sería un paseo sen escoitar o canto das aves?

Un paseo en silencio, nun silencio oco…

Imaxina un paseo nunha tarde de verán sen o canto alborotado dos cirrios ou as andoriñas; pola costa sen sentir a sensación que provoca a chamada das gaivotas; ou por un bosque sen oír os carboeiros ou ferreiriños.

Non queremos vivir no averno. SEO/BirdLife cumpre sesenta e cinco anos de vida traballando contra o averno.

Este año, durante a celebración do Día das Aves, queremos alzar a voz para garantir que nos nosos paseos se sigan escoitando ben forte os cantos das aves.

O 5 e 6 de outubro celebramos o Día das Aves 2019 con actividades en toda España.

Nesta edición facemos un chamamento á sociedade para gozar da natureza, realizar actividades en torno á observación e coidado das aves. As aves son os mellores indicadores do estado de saúde da nosa contorna, son símbolo de vida, de calidade de vida.

Participa e goza ou descubre a súa beleza!

Coidar das aves é coidar da casa en que habitamos, é coidar o noso futuro.

SEO-Pontevedra celebrará o Día das Aves, o 6 de outubro, realizando unha bonita Ruta pola Reserva Ornitolóxica de SEO/BirLife do Grove e contorna, que a día de hoxe é a Reserva Ornitolóxica máis grande de España, a única que hai en Galicia e a primeira que inclúe medio mariño.

Guiada por ornitólogos do grupo local SEO-Pontevedra poderedes coñecer un pouco máis as aves que fan que a pequena península do Grove sexa tan especial.

Este evento aberto e de balde trata de poñer en valor a gran riqueza da Reserva e a súa contorna, xa que é descoñecida pola maioría das persoas, e concienciar sobre a conservación das aves que comparten connosco a Terra e os ecosistemas onde viven.

Anímate!

As prazas son limitadas.

Para inscribirse e obter máis información só tes que enviarnos un correo a:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
CANTAS AVES CRUZAN OS NOSOS CEOS?
17/09/2019

Foto: G. Ferreiro.

Agora que estamos en plena migración posnupcial das aves e que na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove nótase especialmente, imos falar deste éxodo.

A migración das aves é un dos fenómenos máis extraordinarios da natureza.

A migración é o desprazamento regular dos individuos dunha poboación entre áreas alternativas e en diferentes épocas do ano.

Estes desprazamentos bianuais que as aves realizan non están directamente relacionados co frío (pois as aves tolérano ben), senón coa dispoñibilidade de recursos alimenticios.

Polo alimento e pola súa capacidade de voo as aves migran e poden percorrer miles de quilómetros cruzando continentes, hemisferios e incluso dunha punta a outra do planeta.

Ademais son capaces de superar obstáculos tan fabulosos como océanos, montañas, desertos…, demostrando unha fortaleza física e unha capacidade de orientación e navegación incribles.

Pero, cantas aves cruzan os nosos ceos?

Cinguíndonos á nosa área, é moi complicado dar unha cifra de cantas aves migran do seu lugar de reprodución (Europa) á súa zona de invernada (África).

Algúns datos achegados por ornitólogos e investigadores dannos as seguintes cifras:

900 millóns de picafollas musicais

375 millóns de picas das árbores

260 millóns de papamoscas cincentos

250 millóns de andoriñas comúns

40 millóns de aves rapaces

700.000 cegoñas brancas

En total a cifra pode roldar os 5.000 millóns de aves que emprenden unha longa viaxe entre os dous continentes.

É sorprendente que esta vasta cantidade de aves, 5.000 millóns, crucen dúas veces cada ano os nosos ceos, pero non é menos sorprendente o feito de que poucas persoas o saiban, ou que non as visen nunca.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English
youporn