Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
Noticias
PÍLLARAS E CANS
04/06/2019

Foto: G. Ferreiro.

Xa naceron os primeiros poliños de píllara das dunas na praia da Reserva Ornitolóxica do Grove onde nidifican.

Dun niño naceron 3, doutro tamén foron 3 os pitos nacidos. Agora todos corren pola area da praia vixiados polos seus pais.

Pero seguen levando cans a este areal...

A PESAR DOS INNUMERABLES CARTEIS

QUE PROHIBEN CANS NA PRAIA

A PESAR DAS CONTINUAS CHAMADAS DE ATENCIÓN

POR PARTE DOS VOLUNTARIOS DE SEO-PONTEVEDRA

E DOS AXENTES MEDIOAMBIENTAIS

A PESAR DAS VISITAS DO SEPRONA E A POLICÍA LOCAL

E HABENDO UN AREAL CANINO MOI PRETO

CADA DÍA XENTE INCÍVICA

CONTINÚA LEVANDO CANS

ÁS POUCAS PRAIAS DE GALICIA

ONDE AÍNDA CRÍA A PÍLLARA DAS DUNAS

É de PERSOAS EGOÍSTAS

non querer aceptar cal é a prioridade,

se a das suas mascotas,

QUE ESTÁN PROHIBIDAS,

POLO QUE INFRINXEN A LEI

e que ademais

NON CORREN NINGÚN RISCO DE EXTINGUIRSE,

ou a dos ANIMAIS SILVESTRES

QUE TEÑEN QUE SOBREVIVIR POR SI SÓS

NUN MUNDO CADA VEZ MÁIS HUMANIZADO

E QUE ESTÁN EN PERIGO DE DESAPARECER PARA SEMPRE.

Femia e poliño de píllara das dunas. 02/06/2019. Foto: O. Gaitán.

 
PÍLLARA DAS DUNAS: ACTIVIDADES NA RESERVA, MESA DE TRABALLO E XORNADA TÉCNICA
17/05/2019

Para favorecer a nidificación da píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) na comarca do Salnés, fixéronse varias actividades de limpeza de residuos en praias da Reserva Ornitolóxica do Grove, unha mesa de traballo para os concellos do Grove e Sanxenxo e unha xornada técnica en Carballo (CO).

As actividades de limpeza organizounas SEO-Pontevedra en colaboración coa Fundación Biodiversidade e o Concello do Grove. Unha delas con 48 nenos voluntarios do IES Monte da Vila grovense, na que retiraron residuos na praia da Lanzada (a 1.ª xornada foi neste mesmo areal o 28 de novembro con 52 nenos).


O día 7 de maio tivo lugar a 3.ª xornada de retirada de contaminantes, pero agora con 31 rapaces do IES As Bizocas. Neste caso a limpeza e extracción de plantas exóticas invasoras fíxose na praia de Area da Cruz, outro areal do Grove onde aniñan as píllaras.

Con estas accións tanto profesores coma Concello e demais organizacións tratamos de que os nenos sexan conscientes da grande acumulación de lixo na contorna costeira e do seu impacto negativo na natureza e non só residuos de gran tamaño, senón principalmente microplásticos.


Tamén SEO-Pontevedra e a Sociedade Galega de Ornitoloxía levamos a cabo unha mesa de traballo nas dependencias de Medio Ambiente da Xunta de Galicia de Pontevedra, na que participaron técnicos e concelleiros dos concellos do Grove e Sanxenxo, ademais de Conservación da Natureza, Costas do Estado e Universidade de Santiago de Compostela, co fin de coordinar as actuacións nas praias con presenza de píllara das dunas destes concellos e así favorecer a súa conservación na comarca do Salnés.

Así mesmo, hai uns días o grupo de traballo “Píllara” organizamos en Carballo (CO), concello tamén comprometido coa conservación da píllara das dunas, unha xornada técnica cuxa finalidade foi potenciar nas praias da Costa da Morte e Ferrolterra a conservación desta limícola e facela compatible cos usos turísticos.


Concelleira y técnico de Medio Ambiente del Concello de O Grove.

A estas xornadas asistiron unhas corenta persoas entre grupos conservacionistas, concellos como O Grove (que unha vez máis expuxo a súa experiencia e animou a outros concellos), Universidade de Santiago, Xunta de Galicia, axentes medioambientais, Policía Autonómica...

Cremos que tanto as actividades de limpeza como a mesa de traballo e as xornadas técnicas foron moi produtivas e esperanzadoras.

 
AVE DO ANO 2019
02/05/2019

 

As píllaras das dunas son aves emblemáticas da nosa localidade, pois cada ano elixen as súas praias para nidificar e sacar adiante os seus pitos, pero están en perigo de desaparecer de Galicia.

SEO-Pontevedra xunto co concello do Grove levan moito tempo traballando nos areais do Salnés para evitar a súa extinción.

Cada ano SEO/BirdLife elixe unha ave do ano de España para chamar a atención sobre o seu delicado estado de conservación.

Este 2019 tres aves foron as finalistas: o picanzo real, a tartaraña cincenta e a píllara das dunas.

As tres eran merecedoras de gañar, pois todas necesitan a nosa axuda, pero a nós facíanos moita ilusión que saíse elixida a entrañable píllara das dunas, despois de tanto tempo, tanto esforzo e dedicación altruísta investidos na súa conservación en Galicia.

E este ano saíu vencedora. Por fin a píllara das dunas é Ave do Ano 2019.

Malia a súa fráxil situación agradecéronnolo volvendo unha vez máis a aniñar nas nosas praias para deleitarnos cos seus adorables poliños.

 
VOLVERAN AS ESCURAS ANDORIÑAS?
15/04/2019

Anduriña (Hirundo rustica). Ilustración Encarna González.

Cada ano do continente africano, millóns de andoriñas (Hirundo rustica) senten o indomable impulso de se dirixiren cara ao norte. Quilómetros e quilómetros atravesando selvas, sabanas, desertos, montañas ou o mesmo mar, para aniñar felizmente xunto ao home nun pequeno niño de barro.

Desde sempre a andoriña nos fixo compañía e anunciábanos puntualmente a fin do inverno e o comezo dunha nova estación. Será por iso que tivo un alto valor simbólico gozando do amor e simpatía por parte do home.

Xa os exipcios tiveron unha deusa andoriña que se representaba a miúdo nos sarcófagos porque encarnaba o renacemento e a axilidade da alma.

Os gregos, que a chamaban chelidon, transformárona en imaxe de oración, polo seu voo que se eleva cara ao ceo e o seu doce canto.

Na Idade Media era considerada, igual que as grúas, símbolo de la resurrección feliz, posto que a súa chegada anunciaba os días asollados, as flores, os froitos...

E como a celidonia (Chelidonium majus) ou “herba das andoriñas”, cuxa sabia de ouro é curativa e florece coa chegada destas aves e pode durar ata que emprendan a súa marcha, foron un elemento moi utilizado na decoración arquitectónica das principais catedrais góticas.

No islam chámaselle “ave do paraíso”, por personificar o renacer, e na China era considerada, igual que en Europa, imaxe da primavera e dicíase que invernaba nunha cuncha no mar.

Outro simbolismo antigo conta que foi a encargada de sacar o lume do ceo e que fracasou no seu intento porque se lle queimou a cola; desde entón quedoulle en forma de forquita.

Outra lenda di que cando descendían a Xesús da cruz, un grupiño de andoriñas achegáronselle e quitáronlle a coroa de espiñas que levaba posta; un pouco de sangue caeulles nas plumas e manchoulles a cabeza e parte do pescozo, e desde entón visten loito en forma de manto negro azulado.

Por aliviar as dores de Cristo, é considerada sagrada e prohibíase matala.

Nalgúns países cando unha andoriña se instalaba nunha vivenda, os seus habitantes invitaban os veciños para celebrar o feliz acontecemento.

En Galicia e Portugal dicíase que “lle daban boa sorte á casa en que colgaban os seus niños, porque levaban a onde queira que van a protección do Señor”.

Bécquer integrou no simbolismo da andoriña todo o dramático sentido irreversible do tempo e quizais con el, o futuro da andoriña.

Hoxe o simbolismo case se extinguiu e as andoriñas parece que van detrás.

España perde un millón de andoriñas cada ano debido ao uso de pesticidas, ao despoboamento rural e aos novos modos de arquitectura urbana, que dificultan a súa nidificación.

Volverán as escuras andoriñas?

 
PRIMEIRO NIÑO DE PÍLLARA DAS DUNAS
02/04/2019

Femia incubando. G. Ferreiro.

Onte luns foi localizado o primeiro niño de píllara das dunas nunha das praias da Reserva Ornitolóxica do Grove.

 

Primeiro niño con ovos. G. Ferreiro.

O niño con 3 ovos, que está instalado na area, foi protexido cun valado perimetral.

 

 

Instalando ovalado. E. González.

Ademais desta niñada, outras 3 parellas móvense pola praia buscando un lugar axeitado onde nidificar.

 

 

As píllaras das dunas son aves protexidas porque corren perigo de desaparecer de Galicia, para que isto non ocorra só necesitan tranquilidade e praias onde non se peneire a area, é dicir, praias naturais e sas.

Tamén é moi importante que non haxa cans nos areais, xa que os cans son un factor de perturbación biolóxica moi grande, pois causan moito estrés nos adultos, o que pode provocar abandono de postas e depredación de poliños unha vez que naceron.

 

 

Por favor, NON LEVES CANS Á PRAIA!!!

 

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English
youporn