Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
Noticias
VI CONGRESO GALEGO DE MEDIO AMBIENTE E SAUDE
19/02/2015


Do 23 ao 27 de febreiro celebrarase na aula Magna do Centro de Convencións Hotel Balneario Isla de La Toja, Concello do Grove, o VI Congreso Galego de Medio Ambiente e Saúde (LV Curso de Saúde Ambiental).

Durante toda esta semana exporanse diferentes relatorios relacionados co tema central do Congreso “O medio ambiente como xerador de actividades capaces de producir emprego, saúde e benestar á poboación”.

No que a aves se refire, neste Congreso a SEO (Sociedad Española de Ornitología), grupo local Pontevedra, presentará o martes 24 de Febreiro ás 10:00h o relatorio monográfico: “Evolución dá cría dunha especie vulnerable na Comarca do Salnés: píllara dás dunas (Charadrius alexandrinus). Resultados dá campaña 2014”

Con esta monografía exporemos que a píllara dás dunas ou chorlitejo patinegro non é un problema para unha localidade, senón un privilexio, xa que é un bio-indicador das excelentes condicions das súas praias.

Polo tanto a píllara das dunas, ave protexida, debería ser un reclamo turístico de calidade de vida, pero é necesario tomar medidas activas de conservación para que cada ano volva a nidificar nos areais do Salnés.



 


 

 
DAS AULAS AO CAMPO
13/02/2015

 


Un ano máis dentro da campaña de divulgación ornitolóxica do programa de PIO tocaba levar os nenos dos centros de ensino público do Grove ao campo.

Case 150 nenos pasaron pola enseada do Vao e contorna, nas xornadas divulgativas para dar a coñecer un dos valores naturais máis importantes deste concello: as aves.

Pois non só O Grove destaca pola súa Festa do Marisco, as súas praias ou os seus balnearios, senón tamén polas máis de 13.000 aves que pasan aquí o inverno e que o converten nun dos referentes de Galicia e de España no que a aves se refire.

Durante varios días e da man de SEO (Sociedad Española de Ornitología), os nenos recibiron explicacións nas aulas acerca dos trazos morfolóxicos e dos cantos das aves que invernan nesta localidade. Explicóuselles tamén de onde veñen, por que pasan os meses fríos neste lugar privilexiado, de que se alimentan ou como se cobre un caderno de campo.

Logo, nunha serie de saídas guiadas, visitaron distintos puntos da enseada do Vao e da baía da Lanzada e cada un, cos seus prismáticos, as súas guías de aves, os seus cadernos de campo e varios telescopios puido observar sobre o terreo cullereiros, garzas, garzotas, mazaricos reais, píldoras douradas, pilros comúns, pilros tridáctilos, gabitas, píllaras reais, gaivotas cabecinegras, pato rabilongos, asubiadores, colimbos grandes, pentumeiros comúns... que sorprenderon gratamente os pequenos.


O obxectivo destas xornadas ornitolóxicas promovidas polo Proxecto PIO do Concello do Grove, coa colaboración de SEO-Pontevedra, é darlles a coñecer aos máis novos o patrimonio natural do seu municipio, para que aprendan a respectalo, xa que eles serán os herdeiros e encargados de conservalo para o futuro.


 

 
50 NENOS RECICLANDO
25/01/2015

Onte sábado celebrouse con gran éxito no Concello de O Grove promocionados por SEO/BirdLife e Ecoembes e dentro do Programa PIO, o taller de reciclase para nenos.

Cunha participación duns 50 nenos que durante a mañá foron pasando polo taller, os pequenos aprenderon a importancia que ten reutilizar para conservar a natureza, a vez que axudamos as aves de campos e xardíns a sobrevivir nos días fríos de invero cando a súa comida escasea.

Con obxetos habituais dos nosos fogares, fabricaron tres tipos de comedeiros para paxariños: petiscos de cacahuetes, redes (de laranxas, allos ou patacas), e botellas de plástico para encher de froitos secos ou sementes.

Os nenos (e os seus pais), aprenderon a reciclar obxetos caseiros para axudar aos paxaros, gozaron desta actividade manual e fóronse encantados coa iluisión de colgar os comedeiros nas árbores.

Ademais de levar agasallos varios como posters de aves, pequenos colectores amarelos para reciclar pilas ou como portalápices, adhesivos de aves, folletos, marcapáxinas, revistas infantis ornitolóxicas, etc.

¡¡Foi o día dos nenos, da reciclaxe e das aves!!

 
NENOS E RECICLAXE
19/01/2015


O sábado 24 de Xaneiro porase en marcha no Grove un taller de reciclaxe para nenos.

Neste taller colaboran o Concello do Grove, dentro do seu Programa de Investimento Ornitolóxico (PIO), SEO-Pontevedra, coas súas xornadas educativas de sensibilización sobre o coidado da natureza a partir da reciclaxe e reutilización de envases e Ecoembes, organización que coida do medio ambiente a través da reciclaxe e ecodiseño de dos envases domésticos en España.

Estas actividades nas que máis de 500 nenos poderán gozar e aprender a axudar á natureza transformando diferentes envases en comederos para aves, tamén levarán a cabo por Ecoembes e SEO/BirdLife en once cidades de España: O Rocío (Doñana), Zaragoza, A Lagoa, Talavera de la Reina, Segovia, Hospitalet de Llobregat, Navalvillar de Péla, Valencia, Barakaldo, O Grove e Madrid.

A través destas prácticas infantís ensinarase aos máis pequenos e ás familias a reutilizar unha botella, un envase, unha rede ou un arame de leite para poder crear un comedero colgante para aves. O importante de reducir, reutilizar e reciclar para colaborar coa natureza.

En Galicia este taller só se realizará no Concello do Grove (Pontevedra), o sábado 24 de Xaneiro, na Casa de Cultura do Grove, entre as 10:30 e a 13:30 horas.

A asistencia é libre e gratuíta e está pensada para nenos que poden acudir cos seus pais a calquera hora dentro do horario establecido.

 

 

 
O GRAN GAIVOTÓN ATLÁNTICO
07/01/2015


O gaivotón atlántico é un ave impoñente e enigmática. É a gaivota máis grande do mundo, e témola no Grove!

Mide aproximadamente setenta centímetros desde a punta do peteiro ao extremo da cola. Diferénciase do resto de gaivotas non só polo seu gran tamaño e o seu porte poderoso, senón tamén por ter un peteiro grande e forte, por ser branca e negra e ter as patas de cor rosada, non amarelas como as das gaivotas sombrías e patiamarelas.

O gaivotón, cuxo nome científico é Larus marinus, chega de forma moi escasa á península ibérica. No litoral galego atópanse as concentracións máis grandes de España.

Dentro deste, cabo destacar o concello do Grove, tanto pola parte interior, na súa enseada, como polas costas que rodean a península meca. En toda esta área pode haber ata 60 exemplares no inverno, época idónea para a súa observación, xa que durante o período reprodutor (maio-xullo) vanse cara a zonas de Europa máis setentrionais, quedando no Grove uns poucos exemplares, que se corresponden con inmaturos ou adultos non reprodutores.

Pero hai unha excepción, os gaivotóns tamén crían aquí. En España só o fan de forma moi local na cornixa cantábrica e atlántica. Na ría de Arousa temos entre unha ou dúas parellas que nidifican nos illotes pedregosos, sendo practicamente as únicas parellas nidificantes de todo o litoral atlántico peninsular.

Unha das zonas máis apropiadas para observar estes grandes láridos é a desembocadura do río Umia, que pertence ao Complexo Intermareal Umia-O Grove.

Durante os meses de inverno a este fermoso lugar, que se acha fronte á Illa da Toxa e que durante a baixamar se caracteriza por chairas lamacentas e ricos bancos de area, achéganse os gaivotóns a descansar ou a se alimentaren, sobre todo de peixes planos.

Chegáronse a contar en torno aos corenta exemplares xuntos e de todas as idades. É o sitio idóneo para estudar os distintos estados das súas plumaxes, que coinciden coas diferentes idades dos gaivotóns, pois pasan do ton marrón ao negro, a medida que se van facendo adultos, que é no seu cuarto ano de idade.

Xa están os gaivotóns invernando nas nosas costas, e o mellor lugar para observalos é a foz do río Umia, dentro do Complexo Intermareal Umia-O Grove.


Na imaxe superior apréciase o maior tamaño do gaivotóns (no centro), o seu peteiro máis forte e as súas patas rosadas.

Na fotografía inferior aparece un gaivotón inmaturo con anel verde, anelado como polo na ría de Arousa.


Fotos de Juan Gómez

 

 
<< Inicio < Anterior 21 22 23 24 25 26 27 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English