Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
Noticias
DÍA DAS AVES 2018
26/09/2018

 

Achégate a coñecer o fascinante mundo das aves

Trátase do principal evento participativo organizado por BirdLife International e que SEO/BirdLife celebra en España desde 1987. Paixón, amor e respecto polas aves son os valores que impulsan esta cita anual, cuxo obxectivo é dar a coñecer o mundo das aves e as ameazas ás que se enfrontan.

En Galicia, SEO/BirdLife celebrará o 7 de outubro o Día das Aves realizando unha bonita Ruta pola Reserva Ornitolóxica do Grove e a súa contorna, que a día de hoxe é a Reserva Ornitolóxica máis grande de España, a única que hai en Galicia e a primeira que inclúe medio mariño.

Guiada por ornitólogos do grupo local SEO-Pontevedra, con esta saída poderedes coñecer un pouco máis as aves que fan que a pequena península do Grove sexa tan especial e que ademais coincide coa popular Festa do Marisco.

Impartiremos tamén un Taller de observación e monitoreo de aves: Introdución a eBird como ferramenta de ciencia cidadá".

Estes eventos abertos e gratuítos tratan de poñer en valor a gran riqueza da Reserva e a súa contorna, xa que é descoñecida pola maioría das persoas e concienciar sobre a conservación das aves que comparten connosco a Terra e os hábitats onde viven.

Para inscribirse e obter máis información só tes que enviarnos un correo a:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Anímate!

As prazas son limitadas.

 
AVES DE PASO 2
14/09/2018

Furabuchos, Puffinus mauretanicus. Ilustración de Encarna González.

Seguindo coas aves de paso, estivemos na Pantoeira, plataforma ornitolóxica situada nun punto elevado do extremo norte da praia da Lanzada, desde onde se divisa o precioso areal e a baía que levan o seu mesmo nome, a illa de Ons e o istmo dunar que une a península do Grove ao continente.

Fomos coa misma intención de ver o paso migratorio outonal pero agora de aves mariñas, que migran desde os mares máis nórdicos de Europa cara ás augas do continente africano onde pasan o inverno.

Estas aves migradoras tamén percorren miles de quilómetros, pero como son mariñas viaxan sobre a inmensidade do mar, aínda que ás veces fan un alto para repoñer forzas nas fértiles augas da baía da Lanzada, onde se volve a producir o milagre.

Esta é a listaxe de aves mariñas que observamos:

Nome científico

Nome galego

Nome castelán

Calonectris diomedea

Pardela cincenta

Pardela cenicienta

Puffinus mauretanicus

Furabuchos

Pardela balear

Morus bassanus

Mascato

Alcatraz atlántico

Phalacrocorax carbo

Corvo mariño grande

Cormorán grande

Phalacrocax aristotelis

Corvo mariño cristado

Cormorán moñudo

Melanitta nigra

Pentumeiro común

Negrón común

Chroicocephalos ridibundus

Gaivota chorona

Gaviota reidora

Larus michahellis

Gaivota patiamarela

Gaviota patiamarilla

Larus fusvus

Gaivota escura

Gaviota sombría

Larus marinus

Gaivotón

Gavión atlántico

Stercorarius skua

Palleira grande

Págalo grande

Sterna sandwicensis

Carrán cristado

Charrán patinegro

Tamén desde o observatorio da Pantoira vimos:

Nombre científico

Nombre gallego

Nombre castellano

Egretta garceta

Garzota común

Garceta común

Buteo buteo

Miñato común

Busardo ratonero

Calidris alba

Pilro tridáctilo

Correlimos tridáctilo

Columba palumbus

Pombo torcaz

Paloma torcaz

Apus pallidus

Cirrio pálido

Vencejo pálido

Motacilla alba

Lavandeira branca

Lavandera blanca

Erithacus rubecula

Paporrubio europeo

Petirrojo europeo

Phoenicurus ochruros

Rabirrubio negro

Colirrojo tizón

Saxicola rubicola

Chasco europeo

Tarabilla europea

Turdus merula

Merlo común

Mirlo común

Corvus corone

Corvo pequeno

Corneja negra

Sturnus unicolor

Estorniño negro

Estornino negro

Passer domesticus

Pardal común

Gorrión común

Carduelis chloris

Verderolo común

Verderón común

Carduelis cannabina

Liñaceiro común

Pardillo común

Emberiza cirlus

Escribenta común

Escribano soteño

 

Como xa apuntamos anteriormente, setembro é un mes ideal para observar as aves de paso e a baía da Lanzada, pertencente á Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife, é outro lugar exemplar para gozar deste agasallo do ceo.



 

 
AVES DE PASO
01/09/2018

Hoxe estivemos na Toxa, illa bonita unida á península do Grove por unha ponte e famosa polas súas augas medicinais e os seus lodos termais.

Pero nós fomos con outra intención non menos interesante, a de ver o paso migratorio do outono das aves acuáticas, que desde os países máis nórdicos de Europa se dirixen ao continente africano a pasar o inverno, pero que nesta viaxe de miles de quilómetros fan un alto para repoñer forzas nos bancos de area, chairas fangosas e pradeiras mariñas de zostera que rodean a illa e onde se produce o milagre.

Desde o cómodo punto costeiro próximo ao aparcadoiro de autobuses do extremo SW da Toxa e co estado da marea baixando, observamos diferentes especies de aves de paso como patos, limícolas, garzas, cullereiros, corvos mariños e gaivotas, ademais dalgúns paseriformes.

Esta é a listaxe de aves que observamos:

 

Nome científico

Nome galego

Nome castelán

Phalacrocorax carbo

Corvo mariño grande

Cormorán grande

Egretta garceta

Garzota común

Garceta común

Ardea cinerea

Garza real

Garza real

Platalea leucorodia

Cullereiro

Espátula común

Anas platyrhynchos

Pato real

Ánade azulón

Haematopus ostralegus

Gavita

Ostrero euroasiático

Charadrius hyaticula

Píllara real

Chorlitejo grande

Pluvialis squatarola

Píldora cincenta

Chorlito gris

Arenaria interpres

Virapedras

Vuelvepiedras

Calidris alpina

Pilro común

Correlimos común

Actitis hypoleucos

Bilurico das rochas

Andarríos chico

Tringa totanus

Bilurico común

Archibebe común

Tringa nebularia

Bilurico claro

Archibebe claro

Limosa limosa

Mazarico rabinegro

Aguja colinegra

Limosa laponica

Mazarico rubio

Aguja colipinta

Numenius arquata

Mazarico real

Zarapito real

Numenius phaeopus

Mazarico chiador

Zarapito trinador

Chroicocephalos ridibundus

Gaivota chorona

Gaviota reidora

Larus michahellis

Gaivota patiamarela

Gaviota patiamarilla

Larus fusvus

Gaivota escura

Gaviota sombría

Larus marinus

Gaivotón

Gavión atlántico

Buteo buteo

Miñato común

Busardo ratonero

Columba palumbus

Pombo torcaz

Paloma torcaz

Streptopelia decaocto

Rula turca

Tórtola turca

Motacilla alba

Lavandeira branca

Lavandera blanca

Troglodytes troglodytes

Carriza común

Chochín común

Erithacus rubecula

Paporrubio europeo

Petirrojo europeo

Phoenicurus ochruros

Rabirrubio negro

Colirrojo tizón

Periparus ater

Ferreiriño negro

Carbonero garrapinos

Corvus corone

Corvo pequeno

Corneja negra

Sturnus unicolor

Estorniño negro

Estornino negro

Passer domesticus

Pardal común

Gorrión común

Carduelis chloris

Verderolo común

Verderón común

 

Setembro é un mes excepcional para observar as aves de paso e a Illa da Toxa, pertencente á Reserva Ornitolóxica de SEO/BirlLife, é o lugar idóneo para gozar deste espectáculo natural.

 


 
EL CHORLITEJO. DÍA. D.
17/08/2018

 
XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN NA PRAIA DO GROVE
31/07/2018

Os domingos 22 e 29 de xullo celebramos dúas "Xornadas de Sensibilización e Divulgación" na praia do Grove onde temos pitos de píllara das dunas.

Despois de montar os telescopios e dirixilos á familia de píllaras da praia, os usuarios desta foron invitados polos voluntarios de SEO-Pontevedra e por membros do Concello do Grove da área de Medio Ambiente a descubrilos.


Durante dous días centos de persoas pasaron polos telescopios e a todos lles cambiaba a cara por un gran sorriso cando de súpeto vían tres poliños patilongos e de cor abrancazada corricando pola area. E non podían entender como uns seres tan indefensos saían adiante nun espazo tan ateigado de xente.


Explicóuselles a importancia de conservar esta especie ameazada, porque entre outras cousas é un bo indicador da saúde ambiental da praia, tamén o porqué de non levar cans, de deixar as algas na area ou de ser esta un dos poucos areais de Galicia que non ten papeleiras, e que os usuarios xa concienciados manteñen en perfecto estado.


Tamén lles repartimos folletos do "Grupo Píllara" e lles regalamos marcapáxinas ilustrados con píllaras das dunas, creados por SEO-Pontevedra.


Un ano máis estas accións resultan moi produtivas e cunha alta participación e están sendo un exemplo para copiar por outros concellos que tamén teñen esta especie protexida nas súas costas.

 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English