Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
130 ESCOLARES CELEBRAN O DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS
02/02/2018

Ao longo destes días e grazas á colaboración entre o Concello do Grove e SEO-Pontevedra, 130 escolares do municipio grovense celebraron o Día Mundial dos Humidais con varias actividades para coñecer as aves que pasan o inverno neste humidal privilexiado situado entre as rías de Arousa e Pontevedra.

Primeiro nos seus centros educativos, os nenos aprenderon a diferenciar os distintos grupos de acuáticas que nos visitan, a comprender o porqué quedan connosco durante os meses fríos, por que se desprazan desde lugares tan afastados etc.

Logo, con estas nocións aprendidas e armados con prismáticos, guías de aves adaptadas á súa idade e varios telescopios terrestres, saíron ao campo sucesivamente acompañados por ornitólogos de SEO, para gozaren en vivo dun dos festivais máis extraordinarios de Galicia: o festival das aves invernantes da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Os pequenos mecos adquiriron coñecemento, gozaron da natureza e foron felices observando as aves deste gran humidal que forma a Reserva Ornitolóxica.

Estas son as 27 especies que viron:

Nome galego, nome castelán, nome científico

Lavanco real, ánade azulón, Anas platyrhynchos

Pato asubiador, ánade silbón, Anas penelope

Pato rabilongo, ánade rabudo, Anas acuta

Pato cullerete, pato cuchara, Anas clypeata

Corvo mariño grande, cormorán grande, Phalacrocorax aristotelis

Cullereiro, espátula común, Platalea leucorodia

Garza real, garza real, Ardea cinerea

Garzota común, garceta común, Egretta garzetta

Gavita, ostrero euroasiático, Haematopus ostralegus

Píldora cincenta, chorlito gris, Pluvialis squatarola

Píldora dourada, chorlito dorado, Pluvialis apricaria

Píllara real, chorlitejo grande, Charadrius hyaticula

Pilro común, correlimos común, Calidris alpina

Pilro tridáctilo, correlimos tridáctilo, Calidris alba

Mazarico real, zarapito real, Numenius arquata

Mazarico chiador, zarapito trinador, Numenius phaeopus

Mazarico rabinegro, aguja colinegra, Limosa limosa

Mazarico rubio, aguja colipinta, Limosa laponica

Bilurico claro, archibebe claro, Tringa nebularia

Gaivota patiamarela, gaviota patiamarilla, Larus michahellis

Gaivota chorona, gaviota reidora, Larus ridibundus

Gaivota cabecinegra, gaviota cabecinegra, Larus melanocephalus

Gaivota cana, gaviota cana, Larus canus

Gaivotón, gavión atlántico, Larus marinus

Carrán cristado, charrán patinegro, Sterna sandvicensis

Picafollas común, mosquitero común, Phylloscopus collybita

Lavandeira blanca, lavandera blanca, Motacilla alba

Pomba torcaz, paloma torcaz, Columba palumbus

Estorniño pinto, estornino pinto, Sturnus vulgaris

Corvo pequeño, corneja negra, Corvus corone

Falcón peregrino, Halcón peregrino, Falco peregrinus

Miñato, Busardo ratonero, Buteo buteo


 

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English