Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
MÁIS PITOS DE PÍLLARA DAS DUNAS
14/07/2018

O día 8 de xullo naceron tres novos pitos de píllara das dunas, do niño 4 instalado na praia do Grove.

A día de hoxe aínda seguen vivos e están ben.

Dos polos das niñadas anteriores nados neste areal, só sobreviviu unha píllara, que xa abandonou a praia, aínda que ás veces chegan visitantes xuvenís de píllara das dunas nados noutros areais.

Xuvenil de píllara das dunas nado na praia de Louro e que visitou o noso areal. 10/07/2018. G. Ferreiro.

Desexamos que estes tres poliños tamén poidan chegar a voar, porque a pesar dos innumerables carteis que prohiben cans na praia...

 

...das continuas chamadas de atención por parte dos voluntarios de SEO-Pontevedra e dos vixilantes do espazo protexido...

 

...de varias multas da policia local...

e tendo un areal canino moi preto,  cada día xente incívica continúa levando cans por onde os poliños corren libres.

 

Can na praia onde hai píllara das dunas. 10/07/2018. G. Ferreiro.

É unha postura moi egoísta que as persoas non queiramos aceptar cal é a prioridade: se a dos nosos animais domésticos que non corren ningún risco de extinguirse ou a dos animais silvestres que teñen que sobrevivir por si sós nun mundo cada vez máis humanizado e que ademais están en perigo de desaparecer para sempre.

 

Poliño do niño 4. 14/07/2018. G. Ferreiro,

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English