Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
XORNADAS DE SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN NA PRAIA DO GROVE
31/07/2018

Os domingos 22 e 29 de xullo celebramos dúas "Xornadas de Sensibilización e Divulgación" na praia do Grove onde temos pitos de píllara das dunas.

Despois de montar os telescopios e dirixilos á familia de píllaras da praia, os usuarios desta foron invitados polos voluntarios de SEO-Pontevedra e por membros do Concello do Grove da área de Medio Ambiente a descubrilos.


Durante dous días centos de persoas pasaron polos telescopios e a todos lles cambiaba a cara por un gran sorriso cando de súpeto vían tres poliños patilongos e de cor abrancazada corricando pola area. E non podían entender como uns seres tan indefensos saían adiante nun espazo tan ateigado de xente.


Explicóuselles a importancia de conservar esta especie ameazada, porque entre outras cousas é un bo indicador da saúde ambiental da praia, tamén o porqué de non levar cans, de deixar as algas na area ou de ser esta un dos poucos areais de Galicia que non ten papeleiras, e que os usuarios xa concienciados manteñen en perfecto estado.


Tamén lles repartimos folletos do "Grupo Píllara" e lles regalamos marcapáxinas ilustrados con píllaras das dunas, creados por SEO-Pontevedra.


Un ano máis estas accións resultan moi produtivas e cunha alta participación e están sendo un exemplo para copiar por outros concellos que tamén teñen esta especie protexida nas súas costas.

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English