Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
DÍA DAS AVES 2018
26/09/2018

 

Achégate a coñecer o fascinante mundo das aves

Trátase do principal evento participativo organizado por BirdLife International e que SEO/BirdLife celebra en España desde 1987. Paixón, amor e respecto polas aves son os valores que impulsan esta cita anual, cuxo obxectivo é dar a coñecer o mundo das aves e as ameazas ás que se enfrontan.

En Galicia, SEO/BirdLife celebrará o 7 de outubro o Día das Aves realizando unha bonita Ruta pola Reserva Ornitolóxica do Grove e a súa contorna, que a día de hoxe é a Reserva Ornitolóxica máis grande de España, a única que hai en Galicia e a primeira que inclúe medio mariño.

Guiada por ornitólogos do grupo local SEO-Pontevedra, con esta saída poderedes coñecer un pouco máis as aves que fan que a pequena península do Grove sexa tan especial e que ademais coincide coa popular Festa do Marisco.

Impartiremos tamén un Taller de observación e monitoreo de aves: Introdución a eBird como ferramenta de ciencia cidadá".

Estes eventos abertos e gratuítos tratan de poñer en valor a gran riqueza da Reserva e a súa contorna, xa que é descoñecida pola maioría das persoas e concienciar sobre a conservación das aves que comparten connosco a Terra e os hábitats onde viven.

Para inscribirse e obter máis información só tes que enviarnos un correo a:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Anímate!

As prazas son limitadas.

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English