Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
AS AVES DO DÍA DAS AVES 2018
10/10/2018

Cullereiros (Platalea leucorodia) na enseada. G. Ferreiro.

O Día das Aves 2018 de SEO/BirdLife celebrouse en España en 140 puntos e con máis de 400 actividades participativas. En Galicia celebrámolo na Reserva Ornitolóxica do Grove e contorna.

A valoración podemos considerala moi positiva, xa que houbo un nivel moi importante de participación tanto de nenos como de adultos, pois cubríronse todas as prazas dispoñibles, ademais mostraron un grande interese pola natureza en xeral e pola observación de aves en particular.

Tamén a TVG grabounos unha reportaxe.

O obradoiro de introdución a eBird, desenvolto nun local do centro do Grove, foi moi interesante para todos e descoñecido para a maioría dos partícipes, que a partir de agora quedaron de subir as súas observacións de aves nesta aplicación móbil, que ademais ofrece información detallada moi útil para deseñar estratexias de conservación de aves.

 


Coa excursión percorremos distintos ambientes naturais da Reserva importantes para as aves: intermareal, marisma, baía, lagoas, enseadas, campos de cultivo…, para poder observar o número máis diverso posible.

Vimos aves urbanas, aves limícolas, aves mariñas, aves rapaces, anátidas, ardeidos, rálidos, paseriformes…, algunhas residentes e outras en migración.

Esta é a listaxe de observacións:

Nome científico

Nome galego

Nome castelán

Tachybaptus ruficollis

Mergullón pequeño

Zampullín común

Puffinus mauretanicus

Furabuchos

Pardela balear

Morus bassanus

Mascato

Alcatraz atlántico

Phalacrocorax carbo

Corvo mariño grande

Cormorán grande

Phalacrocax aristotelis

Corvo mariño cristado

Cormorán moñudo

Egretta garceta

Garzota común

Garceta común

Egretta alba

Garza branca grande

Garceta grande

Ardea cinerea

Garza real

Garza real

Platalea leucorodia

Cullereiro

Espátula común

Anas platyrhynchos

Pato real

Ánade azulón

Anas strepera

Pato frisado

Anade friso

Anas acuta

Pato rabilongo

Anade rabudo

Anas clypeata

Pato cullerete

Pato cuchara

Anas crecca

Ceceta común

Ceceta común

Accipiter nisus

Gabián común

Gavilán común

Rallus aquaticus

Galiñola bicuda

Rascón

Gallinula chloropus

Galiñola común

Gallineta común

Filica atra

Galiñola negra

Focha común

Haematopus ostralegus

Gavita

Ostrero euroasiático

Arenaria interpres

Virapedras

Vuelvepiedras

Calidris alpina

Pilro común

Correlimos común

Actitis hypoleucos

Bilurico das rochas

Andarríos chico

Tringa totanus

Bilurico común

Archibebe común

Tringa nebularia

Bilurico claro

Archibebe claro

Gallinago gallinago

Becacina

Agachadiza común

Limosa limosa

Mazarico rabinegro

Aguja colinegra

Limosa laponica

Mazarico rubio

Aguja colipinta

Numenius arquata

Mazarico real

Zarapito real

Numenius phaeopus

Mazarico chiador

Zarapito trinador

Chroicocephalos ridibundus

Gaivota chorona

Gaviota reidora

Larus canus

Gaivota cana

Gaviota cana

Larus melanocephalus

Gaivota cabecinegra

Gaviota cabecinegra

Larus michahellis

Gaivota patiamarela

Gaviota patiamarilla

Larus fusvus

Gaivota escura

Gaviota sombría

Larus marinus

Gaivotón

Gavión atlántico

Sterna sandwicensis

Carrán cristado

Charrán patinegro

Columba livia domestica

Pomba doméstica

Paloma doméstica

Columba palumbus

Pombo torcaz

Paloma torcaz

Streptopelia decaocto

Rula turca

Tórtola turca

Alcedo atthis

Martiño peixeiro

Martín pescador

Picus sharpei

Peto verde ibérico

Pito real

Motacilla alba

Lavandeira branca

Lavandera blanca

Troglodytes troglodytes

Carriza común

Chochín común

Prunella modularis

Azulenta común

Acentor común

Erithacus rubecula

Paporrubio europeo

Petirrojo europeo

Phoenicurus ochruros

Rabirrubio negro

Colirrojo tizón

Saxicola rubicola

Chasco europeo

Tarabilla europea

Turdus merula

Merlo común

Mirlo común

Cettia cetti

Rousinol bravo

Cetia ruiseñor

Cisticola juncidis

Carriza dos xuncos

Cistícola buitrón

Sylvia melanocephala

Papuxa cabecinegra

Curruca cabecinegra

Sylvia atricapilla

Papuxa das amoras

Curruca capirotada

Phylloscopus collybita

Picafollas europeo

Mosquitero común

Phylloscopus trochilus

Picafollas musical

Mosquitero musical

Ficedula hypoleuca

Papamoscas negro

Papamoscas cerrojillo

Periparus ater

Ferreiriño negro

Carbonero garrapinos

Cyanistes caeruleus

Ferreiriño azul

Herrerillo común

Parus major

Ferreiro real

Carbonero común

Pica pica

Pega rabilonga

Urraca común

Corvus corone

Corvo pequeno

Corneja negra

Sturnus unicolor

Estorniño negro

Estornino negro

Passer domesticus

Pardal común

Gorrión común

Serinus serinus

Xirín común

Serín verdecillo

Carduelis chloris

Verderolo común

Verderón común

Carduelis carduelis

Xílgaro europeo

Jilguero

Carduelis cannabina

Liñaceiro común

Pardillo común

Emberiza cirlus

Escribenta común

Escribano soteño

Estrilda atrild

Pico de coral

Pico de coral

 

O 7 de outubro foi un día moi bonito e todos fomos un pouco máis felices contaxiados pola alegría das aves.


 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English