Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
VOLVERAN AS ESCURAS ANDORIÑAS?
15/04/2019

Anduriña (Hirundo rustica). Ilustración Encarna González.

Cada ano do continente africano, millóns de andoriñas (Hirundo rustica) senten o indomable impulso de se dirixiren cara ao norte. Quilómetros e quilómetros atravesando selvas, sabanas, desertos, montañas ou o mesmo mar, para aniñar felizmente xunto ao home nun pequeno niño de barro.

Desde sempre a andoriña nos fixo compañía e anunciábanos puntualmente a fin do inverno e o comezo dunha nova estación. Será por iso que tivo un alto valor simbólico gozando do amor e simpatía por parte do home.

Xa os exipcios tiveron unha deusa andoriña que se representaba a miúdo nos sarcófagos porque encarnaba o renacemento e a axilidade da alma.

Os gregos, que a chamaban chelidon, transformárona en imaxe de oración, polo seu voo que se eleva cara ao ceo e o seu doce canto.

Na Idade Media era considerada, igual que as grúas, símbolo de la resurrección feliz, posto que a súa chegada anunciaba os días asollados, as flores, os froitos...

E como a celidonia (Chelidonium majus) ou “herba das andoriñas”, cuxa sabia de ouro é curativa e florece coa chegada destas aves e pode durar ata que emprendan a súa marcha, foron un elemento moi utilizado na decoración arquitectónica das principais catedrais góticas.

No islam chámaselle “ave do paraíso”, por personificar o renacer, e na China era considerada, igual que en Europa, imaxe da primavera e dicíase que invernaba nunha cuncha no mar.

Outro simbolismo antigo conta que foi a encargada de sacar o lume do ceo e que fracasou no seu intento porque se lle queimou a cola; desde entón quedoulle en forma de forquita.

Outra lenda di que cando descendían a Xesús da cruz, un grupiño de andoriñas achegáronselle e quitáronlle a coroa de espiñas que levaba posta; un pouco de sangue caeulles nas plumas e manchoulles a cabeza e parte do pescozo, e desde entón visten loito en forma de manto negro azulado.

Por aliviar as dores de Cristo, é considerada sagrada e prohibíase matala.

Nalgúns países cando unha andoriña se instalaba nunha vivenda, os seus habitantes invitaban os veciños para celebrar o feliz acontecemento.

En Galicia e Portugal dicíase que “lle daban boa sorte á casa en que colgaban os seus niños, porque levaban a onde queira que van a protección do Señor”.

Bécquer integrou no simbolismo da andoriña todo o dramático sentido irreversible do tempo e quizais con el, o futuro da andoriña.

Hoxe o simbolismo case se extinguiu e as andoriñas parece que van detrás.

España perde un millón de andoriñas cada ano debido ao uso de pesticidas, ao despoboamento rural e aos novos modos de arquitectura urbana, que dificultan a súa nidificación.

Volverán as escuras andoriñas?

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English