Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
PÍLLARA DAS DUNAS: SENSIBILIZACIÓN E DIVULGACIÓN
15/07/2019

Foto: G. Ferreiro.

Como todos os nos xa celebramos a primeira "Xornada de Sensibilización e Divulgación" na praia da Reserva Ornitolóxica do Grove, onde temos poliños de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).

Durante varias horas un gran número de usuarios da praia pasaron polos telescopios invitados polos voluntarios de SEO-Pontevedra para observar esta especie da praia en perigo.

A todos os participantes se lles poñía un gran sorriso na cara cando descubrían a través dos obxectivos os poliños patilongos e de cor area corricando pola praia e vixiados atentamente polos seus pais.


Adulto e poliño. Foto: J. Gómez.

Ademais de entregarlles folletos informativos do “Grupo Píllara”, tamén lles explicamos o importante que é conservar esta especie ameazada, porque entre outras cousas é un bo indicador da saúde ambiental da praia, o porqué de non levar cans a estas (xa que os cans poden depredar poliños), de deixar as algas na area, a súa fonte de alimento, ou de ser un dos poucos areais galegos que non ten papeleiras e que os usuarios xa manteñen en perfecto estado.

Unha vez máis estas accións que gozan dunha alta participación e carisma, resultan moi produtivas e son un exemplo para outros concellos que tamén contan nas súas costas con esta adorable especie.

Foto: G. Ferreiro.

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English
youporn