Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
ÉXITO DAS PÍLLARAS DAS DUNAS DA RESERVA ORNITOLÓXICA DO GROVE
02/09/2019

Esta tempada foi moi exitosa para as píllaras das duna (Charadrius alexandrinus) na praia da Lanzada da Reserva Ornitolóxica do Grove.

Dos 14 polos que naceron de 5 niños, 10 chegaron a voar, isto supón o 71,4% de pitos voados sobre pitos nados.


Polos voantons de píllara das dunas. Foto: J. Gómez.

Algo terán que ver con este éxito o esforzo e a implicación dos voluntarios do grupo SEO-Pontevedra que velan para esta especie ameazada non desapareza da Reserva.

Algo terá que ver a protección con parcelas de exclusión dos niños e as moitísimas xornadas de vixilancia de niños e pitos que os seus voluntarios fixeron desde o mes de marzo.

Algo terá que ver o grande esforzo que fan informando aos donos de cans e mostrándolles os problemas de conservación que causan nas píllaras.


Voluntario de SEO informando. Foto: O. Gaitán.

Algo terá que ver que un ano máis non se retiren as algas da area (onde as píllaras das dunas atopan o seu alimento) e que a limpeza da praia sexa manual e selectiva.

Algo terá que ver a información e asesoramento que desde SEO imparten aos operarios da limpeza das praias e demais persoal que traballa nela.

Algo terá que ver que cada ano leven a píllara das dunas aos nenos de todos os colexios do Grove para que a coñezan e respecten.


Foto: G. Ferreiro.

Algo terán que ver as múltiples limpezas de residuos que SEO organizou con voluntariado e que fixeron na praia fóra da época reprodutora.

Algo terán que ver as “Xornadas de Sensibilización e Concienciación” a pé de praia e as publicacións que se lles repartiron a tantísimos usuarios.


Foto: E. González.

Algo terá que ver que non haxa papeleiras na praia (foco de atracción de depredadores), e que os usuarios se responsabilicen dos seus propios residuos.

Algo terán que ver os innumerables carteis informativos da píllara das dunas que hai nos accesos á Lanzada.


Foto: E. González.

Algo terán que ver as xestións realizadas por SEO-Pontevedra ante as administracións e organismos implicados na conservación da especie: Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Concello do Grove ou Costas do Estado.

Algo terán que ver as reunións e xornadas técnicas levadas a cabo co “Grupo Píllara” para coidar desta ave en Galicia.

Algo terá que ver a difusión das noticias da píllara en blogue, en foros de aves, na radio e os artigos publicados en prensa escrita.

Algo terá que ver a implicación e o esforzo do Concello do Grove, do Servizo de Conservación dá Natureza de Pontevedra (Xunta de Galicia) e dos axentes ambientais do espazo.

Foto: E. González.

E non terá tamén algo que ver que este ano a píllara das dunas sexa AVE DO ANO 2019?

De todos nós e do noso comportamento adecuado e respectuoso depende o futuro desta xoia do litoral galego.

A todas as persoas que loitan para que non se extingan as píllaras das dunas das praias de Galicia, GRAZAS.

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English
youporn