Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
CANTAS AVES CRUZAN OS NOSOS CEOS?
17/09/2019

Foto: G. Ferreiro.

Agora que estamos en plena migración posnupcial das aves e que na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove nótase especialmente, imos falar deste éxodo.

A migración das aves é un dos fenómenos máis extraordinarios da natureza.

A migración é o desprazamento regular dos individuos dunha poboación entre áreas alternativas e en diferentes épocas do ano.

Estes desprazamentos bianuais que as aves realizan non están directamente relacionados co frío (pois as aves tolérano ben), senón coa dispoñibilidade de recursos alimenticios.

Polo alimento e pola súa capacidade de voo as aves migran e poden percorrer miles de quilómetros cruzando continentes, hemisferios e incluso dunha punta a outra do planeta.

Ademais son capaces de superar obstáculos tan fabulosos como océanos, montañas, desertos…, demostrando unha fortaleza física e unha capacidade de orientación e navegación incribles.

Pero, cantas aves cruzan os nosos ceos?

Cinguíndonos á nosa área, é moi complicado dar unha cifra de cantas aves migran do seu lugar de reprodución (Europa) á súa zona de invernada (África).

Algúns datos achegados por ornitólogos e investigadores dannos as seguintes cifras:

900 millóns de picafollas musicais

375 millóns de picas das árbores

260 millóns de papamoscas cincentos

250 millóns de andoriñas comúns

40 millóns de aves rapaces

700.000 cegoñas brancas

En total a cifra pode roldar os 5.000 millóns de aves que emprenden unha longa viaxe entre os dous continentes.

É sorprendente que esta vasta cantidade de aves, 5.000 millóns, crucen dúas veces cada ano os nosos ceos, pero non é menos sorprendente o feito de que poucas persoas o saiban, ou que non as visen nunca.

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English
youporn