Visítanos en FACEBOOK
 
Últimas Noticias
 
DÍA DAS AVES 2019
28/09/2019

Queremos un mundo con aves

Parácheste a pensar como sería un paseo sen escoitar o canto das aves?

Un paseo en silencio, nun silencio oco…

Imaxina un paseo nunha tarde de verán sen o canto alborotado dos cirrios ou as andoriñas; pola costa sen sentir a sensación que provoca a chamada das gaivotas; ou por un bosque sen oír os carboeiros ou ferreiriños.

Non queremos vivir no averno. SEO/BirdLife cumpre sesenta e cinco anos de vida traballando contra o averno.

Este año, durante a celebración do Día das Aves, queremos alzar a voz para garantir que nos nosos paseos se sigan escoitando ben forte os cantos das aves.

O 5 e 6 de outubro celebramos o Día das Aves 2019 con actividades en toda España.

Nesta edición facemos un chamamento á sociedade para gozar da natureza, realizar actividades en torno á observación e coidado das aves. As aves son os mellores indicadores do estado de saúde da nosa contorna, son símbolo de vida, de calidade de vida.

Participa e goza ou descubre a súa beleza!

Coidar das aves é coidar da casa en que habitamos, é coidar o noso futuro.

SEO-Pontevedra celebrará o Día das Aves, o 6 de outubro, realizando unha bonita Ruta pola Reserva Ornitolóxica de SEO/BirLife do Grove e contorna, que a día de hoxe é a Reserva Ornitolóxica máis grande de España, a única que hai en Galicia e a primeira que inclúe medio mariño.

Guiada por ornitólogos do grupo local SEO-Pontevedra poderedes coñecer un pouco máis as aves que fan que a pequena península do Grove sexa tan especial.

Este evento aberto e de balde trata de poñer en valor a gran riqueza da Reserva e a súa contorna, xa que é descoñecida pola maioría das persoas, e concienciar sobre a conservación das aves que comparten connosco a Terra e os ecosistemas onde viven.

Anímate!

As prazas son limitadas.

Para inscribirse e obter máis información só tes que enviarnos un correo a:

Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 
Añadir a: Yahoo Añadir a: Google Añadir a: Facebook Añadir a: Twitter
Castellano
Galego
English
youporn