Este sábado desde SEO-Pontevedra fixemos nunha actividade de voluntariado co a ONG Cruz Roja Pontevedra na Praia de Area da Cruz, ubicada na Reserva Ornitolóxica do Grove e areal onde nifica a Píllara das duna (Charadrius alexandrinus), que como sabedes é un ave protexida pola sua vulnerabilidade.
A actividade consistiu na posta a punto do areal para a nova tempada de píllaras, cunha limpeza de residuos da area e principalmente coa extracción de prantas exóticas invasoras da duna como Carpobrotus edulis ou Arctotheca qalendula.
A impricación dunhas 50 persoas voluntarias asi como o seu entusiamo pola actividade foi moi satisfactoria ata o punto de que se retiraron 2.500 kilos de exóticas invasoras.
Grazas a todos os voluntarios de Cruz Roja por adicar o seu tempo libre a conservar a natureza!!
Enviada en 30/03/2026