O sábado 13 percorremos algunhas praias da Reserva Ornitolóxica do Grove para limpar os pellets que estes día están chegando a nosas costas.
A climatoloxía dounos unha tregua ata as 12:30 da maña, tempo que aproveitamos para retirar o maior número de residuos.
Primeiro fixemos unha breve xornada de caracterización de pellets e de como retiralos cos medios que dispoñíamos, ademais de unha explicación para a utilización da aplicación ICAOS de aves orilladas.
Logo puxémonos mans a obra cos pellets.
Non houbo grandes acúmulos pero sí estaban presentes por toda a liña de algas ao longo das praias.
O proceso foi lento e complicado xa que estas boliñas son moi pequenas e están enredadas coas algas. Tamén detectamos que un dos problemas máis graves é que se van erosionando rapidamente e facéndose máis pequeniñas, colándose polas cribas e chegándose a integrar cos grans de area.
Esta non é unha acción de retirada de grandes cantidades pero sí moi necesaria para as aves e a natureza.
Enviada en 24/01/2024