Proxecto PIO

O Proxecto de Inversión Ornitolóxica do Grove, é un plan que axunta a conservación da biodiversidade, a mellora do hábitat e o desenvolvemento sostible. Impulsado polo concello do Grove, conta co respaldo da Fundación Biodiversidade e a Consellaría de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

PIO é un novo modelo de desenvolvementoo turístico, comprometido co medio natural, solidario co territorio e centrado na sustentabilidade dos recursos. Inclúe actividades de formación e divulgación, pero tamén un plan de investimento que permitirá crear unha infraestrutura acorde ás necesidades do ornitólogo e totalmente integrada na contorna.