ANOTAR A FENOLOXÍA DAS AVES
Cirrios en voo. Javier Milla.
Conocer y estudiar la fenología de las aves es fundamental para su conservación. El programa Aves y Clima de SEO/BirdLife cumple 14 años de recopilación de datos fenológicos que nos facilitan comprender el comportamiento de las aves.
Anotar fecha de llegada y desaparición de especies migratorias proporciona una valiosa información para conocer los posibles cambios originados por el cambio climático en el comportamiento de las aves.
El vencejo común (Apus apus), se marcha de nuestras ciudades y pueblos rumbo a las zonas de invernada en África. El abandono se produce en el mismo sentido que cuando llegan. Van desapareciendo poco a poco de las zonas más meridionales de España ya desde mediados de julio y es en agosto cuando dejan de verse en las zonas más septentrionales y pueblos y ciudades de montaña, o de mayor altitud.
Pero es ahora y hasta el mes de noviembre cuando los vencejos pálidos (Apus pallidus), que crían en nuestra comarca, comienzan su viaje migratorio hacia sus cuarteles de invierno en África.
Esto se produce una vez que han sacado las crías adelante. Los vencejos dejan de verse en las zonas urbanas y se observan grupos fuera de estos ambientes durante sus movimientos migratorios.
Coñecer e estudar a fenoloxía das aves é fundamental para a súa conservación. O programa Aves e Clima de SEO/BirdLife cumpre 14 anos de recompilación de datos fenolóxicos que nos facilitan comprender o comportamento das aves.
Anotar data de chegada e desaparición de especies migratorias proporciona unha valiosa información para coñecer os posibles cambios orixinados polo cambio climático no comportamento das aves.
O cirrio común (Apus apus) marcha das nosas cidades e vilas rumbo ás zonas de invernada en África. O abandono prodúcese no mesmo sentido que cando chegan. Van desaparecendo pouco a pouco das zonas máis meridionais de España xa desde mediados de xullo e é en agosto cando deixan de verse nas zonas máis setentrionais e vilas e cidades de montaña, ou de maior altitude.
Pero é agora e ata o mes de novembro cando os cirrios pálidos (Apus pallidus), que crían na nosa comarca, comezan a súa viaxe migratoria cara ao seus cuarteis de inverno en África.
Isto prodúcese unha vez que sacaron as crías adiante. Os cirrios deixan de verse nas zonas urbanas e obsérvanse grupos fóra destes ambientes durante os seus movementos migratorios.
Rexistrar as datas dos diferentes eventos biolóxicos das aves e a súa contorna, como a chegada e partidas das diferentes especies migratorias, que require unha gran constancia ao longo dos anos, é un bo exercicio de Ciencia Cidadá, pois o rexistro dunha data é unha información moi valiosa. O rexistro continuado destes e outros moitos datos proporciona unha base sólida para detectar cambios na fenoloxía das especies, así, Aves e Clima, o programa de Ciencia Cidadá de SEO/BirdLife, recolle as datas para unha mesma localidade ou área (Estación de Fenoloxía) cada tempada. Tamén o rexistro de aves observadas nas nosas saídas ao campo nos dá información sobre patróns de presenza e movementos rexistrados na plataforma eBird.
“Cada ano estas datas de migración varían lixeiramente. Sobre todo, están influenciadas por diferentes factores como a latitude, a lonxitude, a dispoñibilidade de alimentos ou as condicións adversas ou favorables durante as viaxes migratorias, pero son as condicións meteorolóxicas as que xogan o papel máis importante”.
Este ano os cirrios chegaron en xeral máis tarde e haberá que esperar para ver se tamén marchan con máis atraso do habitual, segundo a información que achegan os colaboradores e voluntarios.
Migración en cadea
Fóra da época de reprodución, os cirrios pasan as 24 horas do día no aire, durante un total de dez meses ao ano. Este feito contribuíu a que a especie desenvolva un patrón de migración único. Grazas á marcaxe con dispositivos especiais comprobouse que exhibe un patrón de migración en cadea, pouco frecuente nas aves. As poboacións reprodutoras do sur de Europa migran ás áreas de invernada máis ao sur en África mentres que as poboacións do norte pasan o inverno en zonas máis ao norte de África.
Migración activa doutras aves
Nestas datas abandónannos moitas especies que só veñen no período de reprodución ao noso territorio. O rexistro das últimas observacións de aves comúns como andoriñas, andoriñas de cu branco, e incluso aves que están pasando pola nosa Reserva Ornitolóxica cara ás súas zonas de inverno, achegan datos moi valiosos para valorar posibles cambios a longo prazo nos seus patróns migratorios.
Enviada en