AVES ACUÁTICAS MIGRATORIAS
Si algo caracteriza ao concello do Grove, entre outras cousas, son as aves acuáticas que visitan a Reserva Ornitolóxica de SEO/Bird Life.
Estas datas son idóneas para gozar da migración outonal das aves que cada ano realizan desde o norte de Europa ata o África subsahariana.
Un dos mellores puntos da reserva para ver este paso outonal, ademáis dos da marisma, está na illa da Toxa.
Nesta popular illa e desde o aparcadoiro de autobuses hai un cómodo lugar para observar as aves que fan un alto no camiño para descansar e alimentarse antes de continuar a súa viaxe.
Aquí pódense ver gabitas comuns en números elevados, píllaras reais, pilros comúns, fuselos de rabo pinto e de rabo negro, mazaricos reais e chiadores, biluricos patirrubios e claros, píllaras cincentas (aínda coa súa vistosa plumaxe estival), virapedras comuns, etc.
Tamén é posible observar garzotas comuns, garzas reais, ademais de lavancos reais, corvos mariños grandes e variedade de gaivotas: patiamarelas, escuras, choronas, cabecinegras, gaivotóns e carráns cristados e, cun pouco de sorte, carráns pequenos, que agora frecuentan zonas litorais.
Cómpre destacar tamén os cullereiros comuns, que aos poucos aumentan en número ata chegaren ao pico de paso migratorio no mes de outubro.
Para observar aves acuáticas en paso outonala Illa da Toxa, na Reserva Ornitolóxica de O Grove, e por suposto, tendo en conta o estado das mareas: a mellor, catro horas logo da preamar.
Enviada en