COLEXIOS NA RESERVA ORNITOLÓXICA
Este inverno e por décimo ano, grazas á Concellería de Medio Ambiente do Concello do Grove e a SEO-Pontevedra, os nenos Mecos volveron visitar a Reserva Ornitolóxica para coñeceren as aves que invernan neste espazo natural privilexiado.
Despois de lles impartir unha charlade introdución á ornitoloxía nas súas correspondentes aulas, os nenos, armados con prismáticos, guías de aves e telescopios, saíron en distintos días e a diferentes puntos da enseada guiados por ornitólogos de SEO.
Na dita reserva puideron observar limícolas, garzas, corvos mariños, gaivotas, parrulos, cullereiros e outras especies que fixeron as delicias dos pequenos e dos profesores que nos acompañaron.
Só esperamos que co tempo agrome a semente do respecto e admiración cara ás aves que cada ano depositamos nos seus corazóns.
Enviada en