DESTRUCIÓN DE NIÑOS


                                                       Pollos de Vencejo pálido. J.M.Trujillo.


A destrución de niños pon e en risco o mantementodas poboacións dalgunhas especies protexidas como andoriñas de cu branco, andoriñase cirrios.

Grazas ás denuncias de centos de cidadáns estáaumentando o control deste delito contra a fauna.

A  destrución de niños de especies protexidas supónun delito segundo o artigo 334 da Lei orgánica 10/1995, do 23 de novembro, doCódigo Penal que pode chegar a ter ata unha pena de prisión de seis meses a dousanos. Actualmente, hai abertas varias investigacións por iso e a Garda Civilaumentou o control sobre este tipo de delito contra a fauna.

A colaboración cidadá é clave para identificar adestrución de niños, que se produce na maioría dos casos, polas molestias ouconflitos relacionados coa sucidade ou o ruído que poden ocasionar  a andoriña de cu branco común, a andoriña común, o cirrio e o cirrio pálido.

Dos centos de casos recibidos, 36 foron denunciados por SEO/BirdLife nos últimos sete anos, enrelación ás especies descritas, pola súa especial gravidade. Deles unicamentedous finalizaron cunha sanción administrativa e non lle constan á organizaciónoutras sancións ou resolucións de reparación do dano por parte das administraciónscompetentes ou tribunais. “É necesario aumentar o control deste delito e facerun bo seguimento das investigacións, polo que apoiamos todas as actuacións quese están desenvolvendo desde a Garda Civil, xa que todos estes casos contan cunalto grao de impunidade”, declara David De la Bodega,responsable do Programa Legal de SEO/BirdLife que destaca que: “se trata deespecies protexidas por leis europeas, nacionais e por convenios internacionaiscomo son a Directiva Europea de Aves, a Lei 42/2007, de Patrimonio Natural eBiodiversidade, Convenio de Especies Migratorias  e o Convenio de Berna”.

Entre os meses demarzo e setembro, e predominantemente en contornos urbanos, SEO/BirdLife recibecentos de notificacións cidadás pola destrución de niños ou molestias en épocade reprodución destas especies protexidas.

“As aves proporciónanlle múltiplesbeneficios ao ser humano, pero a súa presenza xera nalgunhas ocasiónsmolestias e conflitos que, na maioría dos casos, teñen solucións sinxelas”. “Moitasveces por descoñecemento, estes conflitos acaban na destrución de niños de avesque, tras sobrevivir a longas travesías de volta aos seus lugares de cría, seencontran sen os seus niños ou sofren a perda dos seus ovos ou polos”.

A destrución de niños e desaparición de lugares decría é unha das causas identificadaspolos expertos do declive destas aves, que se suma á perda dehábitats adecuados para a nidificación e a intensificación agrícola asociada aouso excesivo de insecticidas, que reduciu en boa medida a súa fonte dealimentación.

 

As andoriñas de cu branco e as andoriñas constrúen osseus niños con barro en beirados, esquinas ou soportais, mentres que os cirriosutilizan ocos, gretas e regañas nos edificios de certa altura para colocaren osseus niños. Utilizan preferentemente edificios antigos, que están desaparecendoou sendo substituídos por outros novos que raramente ofrecen lugares aptos paraa nidificación destas aves. Por outra parte, nas obras dereforma ou rehabilitación de edificios ou monumentos moitas veces destrúense osniños ou colonias con totalimpunidade e raramente se teñen en conta criterios adecuados para que estasaves volvan a encontrar lugares de nidificación idóneos.

 

Solucións

Fronte ás posiblesmolestias descritas anteriormente e que poderían ser a orixe do conflito,existen solucións viables para conciliar a presenza e reprodución das aves coaconservación do patrimonio e a convivencia coas persoas.

O problema da sucidade producida polas andoriñas ou cirriospódese paliar coa colocación dunha simple balda ou bandexa de protección baixo os niños.Para paliar os problemas de ruído, unha posible solución é colocar placas deinsonorización que diminúan os dB ata chegar aos valores aceptados polanormativa.

 

Enviada en

Ver outras novas