EXCURSIÓN PARA COÑECER UN AVE AMEAZADA
Fai uns días, SEO-Pontevedra, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o seu programa de saídas ornitolóxicas "Voando sobre as Rías Baixas", realizamos unha excursión ás praias da Reserva Ornitolóxica SEO/BirdLife do Grove, onde aniña a Píllara das dunas ou Chorlitejo patinegro, gran valor destes areais por ser un dos últimos reductos dunha ave ameazada e vulnerable desta provincia.
Despois de explicarlles aos participantes as características da especie, alimentación, hábitat, distribución, etc. achegámonos a unha distancia prudencial con prismáticos e telescopios para observar os seus niños, os adultos e os poliños.
Poideron ver as medidas de protección que se adoptan e tamén foron sensibilizados e concienciados coas ameazas que sofren na súa reprodución, como a presenza de cans nas praias, gran problema que va en aumento.
Os participantes quedaron encantados coa tenrura que reflicten as píllaras e impresionados coa súa vulnerabilidade.
Cada vez son máis as persoas que coñecen as píllaras e cal é o seu gran problema de supervivencia. Queda moito por facer pero non perdemos a esperanza, sobre todo cando o ser humano reacciona tan positivamente ante unha Píllara das dunas.
Enviada en