MOURELOS COMÚNS

Mourelo común. Ilustración: Encarna González.


Cada inverno nos litorais ibéricos e un pouco afastados da costa, grupiños de mourelos (Melanitta nigra), nadan boiantes sobre as ondas ou voan a ras de auga formando longas filas.

Os pentumeiros son patos mergulladores estritamente mariños. Os machos son de cor negra, agás no culmen amarelo do peteiro, mentres que as femias teñen tons pardos escuros coas meixelas e parte do pescozo de cor marrón clara. Voan velozmente a ras de auga con rápidos e profundos bater de ás e balanceos laterais. Son aves moi sociables que adoitan formar grandes bandos e ocupar os mesmos sitios cada ano. 

Capturan crustáceos, moluscos e outros animais do fondo mariño, para iso todos se somerxen cun pequeno salto de forma progresiva, desaparecendo baixo a auga.

O seu hábitat invernal fórmano costas pouco profundas, esteiros, baías grandes, rías e praias. Durante a época de cría ocupan tundras de áreas interiores ou zonas de vexetación baixa, ademais de espazos húmidos.

Nidifican de forma diseminada en lagos, lameiros e pozas entre marzo e xuño. Sitúan a única posta nun niño preto da agua e directamente no chan e tapízano de carriza, liques e penuxe.

A súa área ce cría esténdese por Norteamérica, illas Británicas, Islandia, Escandinavia e norte de Rusia. No noso continente invernan principalmente nas costas occidentais, ao sur da súa área de cría, podendo chegar ao Mediterráneo e norte africano.

En España son aves invernantes comúns en todo o litoral, tanto no Cantábrico e Galicia como en costas mediterráneas, onde son máis dispersas. As rexións que albergan a maior parte dos pentumeiros son Galicia, Andalucía e Cataluña. As súas poboacións invernantes oscilan segundo a crueza dos invernos. Chegan ao noso país entre setembro e decembro e marchan entre os meses de marzo e abril. 

A Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove tamén recibe mourelos comuns que pasan os meses fríos na baía da Lanzada, onde se poden observar principalmente entre novembro e febreiro, en grupos preto da rompente das ondas. Un punto ideal para o seu desfrute é o observatorio de A Pantoeira, situado ao norte da praia da Lanzada.

Estes días un grupiño de 15 mourelos comuns pódense ver na baía.

Enviada en

Ver outras novas