NIÑOS DE PÍLLARA DAS DUNAS


Anxo Gómez.


No que vai de temporada na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife, este ano temos 6 niños de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), en 2 praias do Grove.

Destes 6 niños, que estiveron protexidos coas medidas correspondentes, 2 xa eclosionaron e 1 foi destruído, ademais a femia foi ferida nunha pata (descoñecemos as causas, pero non descartamos o ataque dun can).


E. González.


Polo tanto, agora temos 3 niños sen eclosionar e varios poliños corricando polas praias.

E como os cans non faltan nin un só día, pedímoslles aos usuarios que sexan dunha vez por todas responsables e respectuosos e deixen de levar cans aos areais, onde fan moito dano, e máis habendo unha praia canina no Grove.



G. Ferreiro.

Enviada en

Ver outras novas