NOVIDADES PÍLLARA DAS DUNAS


G. Ferreiro.

Ata o día de hoxe atopáronse 9  niños de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), nas parais da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do concello do Grove.

Destes 9 niños 2 foron depredados e outros 2 abandoados, probablemente polas adversas condicións climáticas, a pesar de que  todos tiñan aplicadas as medidas recomendables de protección.

Agora quedan 5 niños activos nos que os adultos están incubando, dous nunha praia da reserva e 3 na outra.

Tamén comunicar que xa foron varias as multas aplicadas nesta tempada aos donos de cans tanto polos guardas e axentes do espazo como pola policía municipal do Grove. Mesmo onte 3 pesoas con dous cans cada unha foron sancionadas por non cumplir a lei, xa que nas praias onde nidifica a píllara están prohibidos os cans e son multitude os carteis que o informan.


G. Ferreiro.


Lembremos que unha das principais causas da grave diminución  desta especie dos nosos arenais e a presencia de cans. Estas mascotas ademáis de provocarlle gran estrés as píllaras co consecuente abandono de niños, poden chegar a depredar tamén os seus poliños.


G. Ferreiro.

Enviada en

Ver outras novas