NOVO ÉXITO DA PÍLLARA DAS DUNAS OU CHORLITEJO PATINEGRO
Esta tempada 2020 volveu ser moiexitosa para a reprodución da píllara das dunas (Charadriusalexandrinus) nas praias da Lanzada e Area da Cruz da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.
Dos 16 polos que naceronde 9 niños, 10 chegaron a voar, o que supón o 62´5% de polos voados sobre polos nados.
Todo este éxito débese a algúns factores que enumeramos:
·Ao esforzo e á grande implicación dos voluntarios do grupo SEO-Pontevedra que velan para que esta especie ameazada non desapareza da Reserva.
·Á protección con parcelas de exclusión dos niños por parte do Servizo de Conservación da Natureza.
·Ás 126 xornadas de vixilancia de niños e polos que os voluntarios fixeron desde o 5 de marzo ata o 12 de setembro, cando as píllaras abandonaron as praias. Ademais do esforzo de axentes e vixilantes do espazo.
·Á información que lles impartiron os voluntarios aos 106 donos de cans que houbo nas praias, amosándolles os problemas de conservación que causan nas píllaras.
·A que un ano máis non se retiren as algas da area (onde as píllaras das dunas atopan o seu alimento) e que alimpeza da praia sexa manual e selectiva.
·Ao asesoramento que desde SEO selles imparte aos operarios da limpeza das praias e demais persoal que traballa nelas.
·A que cada ano se leve a píllaradas dunas aos nenos de todos os colexios do Grove para que a coñezan e respecten.
·Ás limpezas de residuos que SEO organizou con voluntariado e que fixeron nas praias fóra da época reprodutora.
·Aínda que este ano non se puideron realizar polo problema do coronavirus, os anos anteriores si que se levaron acabo Xornadas de Sensibilización e Concienciación a pé de praia onde se lles amosaron os pitiños aos usuarios, ademais de repartirlles publicacións relacionadas coa especie.
·A que desde hai algúns anos se retiraran as papeleiras nas praias (foco de atracción de depredadores), e que os usuarios se responsabilizasen dos seus propios residuos.
·Aos carteis informativos da píllaradas dunas que hai nos accesos aos areais.
·Ás distintas xestións realizadaspor SEO-Pontevedra ante as administracións e organismos implicados na conservación da especie.
·Á difusión das noticias da Píllaradas dunas en blogs, en foros de aves, na radio e na prensa escrita.
·Ao anelamento científico de adultos e polos nados este ano nas praias, por parte do Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra.
·Ao traballo que fan pola píllara o Concello do Grove, o Servizo de Conservación da Natureza de Pontevedra (Xuntade Galicia) e os vixilantes e axentes ambientais do espazo.
De todos nós e do noso comportamento adecuado e respectuoso depende o futuro desta xoia do litoral galego.
A todas as persoas que loitan para que non se extinga a Píllara das dunas das praias de Galicia, GRAZAS.
Enviada en