Saída a ver aves mariñas - balance

O sábado 8 de xuño realizouse unha saída para ver aves mariñas a bordo do "Chasula". Partiuse ás 8:00 da mañá do porto do Grove, regresando ás 16:00 h. De comezo, o mar e o ambiente ornitolóxico era calmado e só destacou un gaivotón (Larus marinus) inmaturo pousado nunha batea. Xa na bocana observamos as primeiras pardelas (Calonectris diomedea e Puffinus mauretanicus) e mascatos (Morus bassanus), ante a espectación dos participantes, se ben ao "dobrar" Sálvora o mar anunciaba unha saída algo movida. Tras un primeiro "chum", anotamos os primeiros paíños pequenos (Hydrobates pelagicus), aumentando o seu número no segundo "chum" a 12 millas náuticas ao W de Ons cun grupo duns 50 individuos, aos que se sumarían máis posteriormente, totalizando 130. Tamén se viron carráns comúns (Sterna hirundo) e pardelas escuras (Puffinus griseus). Na ruta veríamos os primeiros dous paíños de Wilson (Oceanites oceanicus) e, xa de regreso, un excelente grupo duns 40 arroaces botos (Grampus griseus), que fixeron as delicias dos participantes.

Máis información: http://seabirdsgaliza.blogspot.com.es/2013/06/08062013-primeiros-painos-de-wilson-e.html

Enviada en

Ver outras novas