VISITA Á RESERVA
Hai uns días unha excursión de ornitólogos organizada por SEO/BirdLife e procedentes de Madrid, pero con participantes de distintos puntos de España, estiveron percorrendo a nosa comunidade para observar as aves acuáticas invernantes galegas.
Despois de visitar varios puntos importantes da costa norte, non puideron faltar a unha das mellores zonas de Galicia para observar aves: a Reserva Ornitolóxica do Grove e contorna.
Guiados por ornitólogos de SEO-Pontevedra, gozaron de todo tipo de aves acuáticas, pero sobre todo centráronse naquelas exclusivas que agora temos neste litoral, entre elas: gaivotas canas, patos bastardos, patos bola, mobellas árticas, mobellas grandes, pentumeiros, pentumeiros de ás brancas, pilros pequenos etc.
Os ornitólogos quedaron moi satisfeitos coa nosa zona de “paxareo” e co ánimo de volver á nosa localidade.
Enviada en