VOLUNTARIOS DO PROXECTO LIBERA RETIRAN 114 TONELADAS DE BASURALEZA
O Proxecto LIBERA, impulsado por SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, desenvolveu a quinta edición de ‘1m2 contra a basuraleza’, a gran recollida colaborativa cidadá para liberar a natureza de residuos abandonados.
Co obxectivo de concienciar a sociedade sobre o impacto ambiental da “basuraleza”, organizáronse recollidas en preto de 1.100 espazos naturais de todo o país, coa participación de máis de 11.000 persoas voluntarias, organizadas en grupos limitados, seguindo as medidas de seguridade sanitarias, coas que se logrou recoller un total de 114 toneladas de residuos abandonados en contornas terrestres, fluviais e mariñas de todas as provincias españolas.
A quinta edición desta gran cita colaborativa nacional contou tamén coa colaboración e o respaldo de entidades científicas, educativas e divulgativas de gran prestixio que forman parte da rede de alianzas de LIBERA, entre as que se encontran Cruz Vermella Española, Hombre y Territorio (HyT), Oceánidas, ANSE, Alnitak, ADENEX, Promemar ou Fundación Reina Sofía. coa participación da Súa Maxestade a Raíña, así como 119 concellos que participaron, entre eles o Concello do Grove, onde os seus voluntarios retiraron gran cantidade de lixo da súa Reserva Ornitolóxica.
En canto á “basuraleza” atopada destacan as latas, os envoltorios, as pezas de plástico e de vidro de todo tipo, sendo as cabichas os residuos máis encontrados. Ademais, pola súa tipoloxía, merecen mención algúns tan dispares como televisores, neveiras, colchóns, roupa, e incluso, impresoras. Así mesmo, destacan produtos como toalliñas, preservativos ou máscaras.
Enviada en