Novas

COLEXIOS NA RESERVA ORNITOLÓXICA


E. González.

Este inverno e por décimo ano, grazas á Concellería de Medio Ambiente do Concello do Grove e a SEO-Pontevedra, os nenos Mecos volveron visitar a Reserva Ornitolóxica para coñeceren as aves que invernan neste espazo natural privilexiado.

Despois de lles impartir unha charlade introdución á ornitoloxía nas súas correspondentes aulas, os nenos, armados con prismáticos, guías de aves e telescopios, saíron en distintos días e a diferentes puntos da enseada guiados por ornitólogos de SEO.


E. González.


Na dita reserva puideron observar limícolas, garzas, corvos mariños, gaivotas, parrulos, cullereiros e outras especies que fixeron as delicias dos pequenos e dos profesores que nos acompañaron.

G. Ferreiro.


Só esperamos que co tempo agrome a semente do respecto e admiración cara ás aves que cada ano depositamos nos seus corazóns.

E. González.


Enviada en - Ler entrada completa

VISITA Á RESERVA

G. Ferreiro.


Hai uns días unha excursión de ornitólogos organizada por SEO/BirdLife e procedentes de Madrid, pero con participantes de distintos puntos de España, estiveron percorrendo a nosa comunidade para observar as aves acuáticas invernantes galegas.

Despois de visitar varios puntos importantes da costa norte, non puideron faltar a unha das mellores zonas de Galicia para observar aves: a Reserva Ornitolóxica do Grove e contorna.

Guiados por ornitólogos de SEO-Pontevedra, gozaron de todo tipo de aves acuáticas, pero sobre todo centráronse naquelas exclusivas que agora temos neste litoral, entre elas: gaivotas canas, patos bastardos, patos bola, mobellas árticas, mobellas grandes, pentumeiros, pentumeiros de ás brancas, pilros pequenos etc.

Os ornitólogos quedaron moi satisfeitos coa nosa zona de “paxareo” e co ánimo de volver á nosa localidade. 


Enviada en - Ler entrada completa

SAÍDA POLA RESERVA ORNITOLÓXICA DO GROVE

G. Frreiro.


Co seu programa “Voando polas Rías Baixas”, hoxe a Deputación de Pontevedra en colaboración con SEO-Pontevedra organizamos a primeira saída para observar aves de 2022.

Neste caso inauguramos o programa cunha ruta pola Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, cuxas prazas se completaron enseguida.

A pesar de que a climatoloxía non foi a desexada, polo que nos refuxiamos nalgún observatorio ornitolóxico, todos os participantes, guiados por ornitólogos expertos de SEO, gozaron de diferentes especies de aves, principalmente acuáticas, destacando limícolas, anátidas, ardeidos, mariñas, paseriformes… 

Lista de aves identificadas: 

Cullerete, asubiador europeo, cullereiro, garza real, garzota, corvo mariño grande, gabita, píldora dourada, píldora cincenta, píllara real, mazarico chiador, mazarico real, mazarico rubio, virapedras, pilro tridáctilo, pilro común, gaivota chorona, gaivota cabecinegra, gaivota patiamarela, gaviota escura, pombo torcaz, corvo pequeno etc.


Enviada en - Ler entrada completa

A LANZADA NO INVERNO


Carrán cristado. E. González.


Durante estes meses fríos é moi interesante achegarse á baía da Lanzada, dentro da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove, para gozar das aves mariñas deste espazo natural.

Desde calquera punto costeiro do Grove que bordea esta baía, como a pasarela de madeira que atravesa o istmo da Lanzada, o miradoiro de Pantoeira, a costa de Raieros, Area da Cruz, Abeleira etc., poderemos observar animais do medio mariño como os mascatos (Morus bassanus), aves grandes que para pescaren se poden tirar desde unha altura de 40 metros. Animais tan fermosos como as mobellas, especies lacustres que nacen no extremo norte de Europa, pero que no inverno baixan ás costas máis meridionais europeas, volvéndose mariñas e costeiras. Entre eles temos na Lanzada mobellas grandes (Gavia immer) e alhunha mobella ártica (Gavia arctica).

Tamén poderemos gozar dos pentumeiros (Melanitta nigra), parrulos mariños, negros e mergulladores e que na Lanzada adoitan moverse en grupos compactos. 

Os corvos mariños, coñecidos por todos, abundan neste litoral. Tanto o corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo), que pasa só estes meses na baía e o corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), máis pequeno e, como comentamos noutras ocasións, especie que si nidifica nas nosas costas, pero que está ameazada, pois nos últimos anos sufriu un forte declive.

Non faltan variedade de gaivotas: choronas, de patas amarelas, escuras e as bonitas cabecinegras (Larus melanocephalus), parecidas ás gaivotas choronas, ademáis das andoriñas de mar, chamadas así pola súa cola aforquillada e o seu voo errático como o carrán cristado (Sterna sandwicensis).

Tamén é posible observar nas rochas do norte desta baía distintas limícolas como os virpedras (Arenaria interpres) e outras que van descansar aos illotes durante a preamar: pilros tridáctilos (Calidris alba) e comúns (Calidris alpina), píllaras reais (Charadrius hiaticula), píldoras cincentas (Pluvialis squatarola), mazaricos chiadores, mazaricos rubios...

Non queremos esquecernos dos arroazes (Tursiops truncatus), que ás veces se aproximan a estas augas para alimentarse e que son todo un espectáculo.

Se nos achegamos ao Grove para gozar das aves do Complexo intermareal Umia-Ou Grove, acordémonos de dedicarlle un tempo á baía da Lanzada, por algo forma parte da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirLife.

​

Enviada en - Ler entrada completa

AVE DEL AÑO 2022


Tras la votación popular online para decidir la especie bandera de este año, y en la que han participado 8.876 personas, la ganadora ha sido el ALZACOLA ROJIZO con el 37,95 % de los votos (3.368). 


La especie, que se encuentra catalogada En Peligro según el Libro Rojo de las Aves de España publicado recientemente por SEO/BirdLife, está presente en Andalucía, Extremadura, Murcia y Comunidad Valenciana. Las otras dos aspirantes eran el aguilucho cenizo, que ha conseguido el segundo lugar con el 34,29% de los votos (3.044, y el alcaudón común, que con el 27,76 % (2.464 votos) ha quedado en tercera posición.


 Las tres especies que han sido candidatas para ser Ave del Año de SEO/BirdLife en 2022  (Aguilucho cenizo, Alcaudón común y Alzacola rojizo), están asociadas a medios agrarios y presentan un alarmante declive en sus poblaciones, como se ha constatado en el recién publicado Libro Rojo de las Aves de España. Tras un proceso de votación popular, a través de la web de la organización, ha resultado elegida el alzacola rojizo para protagonizar esta campaña anual de la organización conservacionista. Se trata de una especie migratoria muy ligada a viñedos, olivares y frutales de secano y que se encuentra En Peligro en España.

Las tres especies candidatas presentan una importante disminución en sus poblaciones debido principalmente a la pérdida de elementos naturales en el paisaje agrario, el uso generalizado de plaguicidas y las cosechas más tempranas. 


Enviada en - Ler entrada completa