Novas

AS AVES DO DÍA DAS AVES



O sábado, día anterior á celebración do Día das Aves, houbo un temporal de vento e choiva que poucas esperanzas daba para poder celebrar tal día na Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

Pero as cosas cambiaron e o domingo apareceu un día luminoso y solleiro, con boa temperatura e sen vento. O resultado foi que todos os participantes gozamos das aves por distintos hábitats da reserva.

Esta é a listaxe das 57 especies que identificamos:


Enviada en - Ler entrada completa

DÍA DAS AVES 2021

Sae ao campo, goza das aves ecolabora coa ciencia cidadá.

A fin de semana do 2 e 3 de outubrocelebramos o Día das Aves en moitos lugares de toda España e con decenasde  actividades de “paxareo”: rutasguiadas, conferencias, puntos de observación de aves…

Este ano estamos de celebraciónpolos 25 anos que levamos, grazas a miles de persoas voluntarias, contando asaves comúns. Nesta nova edición do Día das Aves, animamos a sociedade a saír aocampo para gozar delas e a que coñezan os nosos programas de seguimento, paraque a súa afección e paixón se transformen ademais nunha información moivaliosa para a conservación das aves.

O grupo local SEO-Pontevedracelebraremos o Día das Aves o domingo 3 de outubro, cunha ruta guiada paraobservar as aves da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove.

ANÍMATE!!

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo a:

seo-pontevedra@seo.org.


Enviada en - Ler entrada completa

AVES ACUÁTICAS MIGRATORIAS

Pilros comuns e tridáctilos. G. Ferreiro.


O mes de setembro é excepcional para observar as aves de paso e a Illa da Toxa, pertencente á Reserva Ornitolóxica de SEO/BirlLife, é o lugar idóneo para gozar deste espectáculo natural.

Desde o cómodo punto costeiro próximo ao aparcadoiro de autobuses do extremo SW da Toxa e co estado da marea baixando, avistaremos diferentes especies de aves en paso migratorio como patos, limícolas, garzas, cullereiros, corvos mariños e gaivotas, ademais dalgúns paseriformes nas zonas arboladas da contorna.

Estas son algunhas das aves que poderemos  gozar:

 Nombre científico

Nombre gallego

Nombre castellano

Phalacrocorax carbo

Corvo mariño grande

Cormorán grande

Egretta garceta

Garzota común

Garceta común

Ardea cinerea

Garza real

Garza real

Platalea leucorodia

Cullereiro

Espátula común

Anas platyrhynchos

Pato real

Ánade azulón

Haematopus ostralegus

Gavita

Ostrero euroasiático

Charadrius hyaticula

Píllara real

Chorlitejo grande

Pluvialis squatarola

Píldora cincenta

Chorlito gris

Arenaria interpres

Virapedras

Vuelvepiedras

Calidris alpina

Calidris alba

Pilro común

Pilro tridáctilo

Correlimos común

Correlimos tridáctilo

Actitis hypoleucos

Bilurico das rochas

Andarríos chico

Tringa totanus

Bilurico común

Archibebe común

Tringa nebularia

Bilurico claro

Archibebe claro

Limosa limosa

Mazarico rabinegro

Aguja colinegra

Limosa laponica

Mazarico rubio

Aguja colipinta

Numenius arquata

Mazarico real

Zarapito real

Numenius phaeopus

Mazarico chiador

Zarapito trinador

Chroicocephalos ridibundus

Gaivota chorona

Gaviota reidora

Larus michahellis

Gaivota patiamarela

Gaviota patiamarilla

Larus fusvus

Gaivota escura

Gaviota sombría

Larus marinus

Gaivotón

Gavión atlántico

Enviada en - Ler entrada completa

ANOTAR A FENOLOXÍA DAS AVES

Cirrios en voo. Javier Milla.


Conocer y estudiar la fenología de las aves es fundamental para su conservación. El programa Aves y Clima de SEO/BirdLife cumple 14 años de recopilación de datos fenológicos que nos facilitan comprender el comportamiento de las aves. 

Anotar fecha de llegada y desaparición de especies migratorias proporciona una valiosa información para conocer los posibles cambios originados por el cambio climático en el comportamiento de las aves.

El vencejo común (Apus apus), se marcha de nuestras ciudades y pueblos rumbo a las zonas de invernada en África.  El abandono se produce en el mismo sentido que cuando llegan. Van desapareciendo poco a poco de las zonas más meridionales de España ya desde mediados de julio y es en agosto cuando dejan de verse en las zonas más septentrionales y pueblos y ciudades de montaña, o de mayor altitud.

Pero es ahora y hasta el mes de noviembre cuando los vencejos pálidos (Apus pallidus), que crían en nuestra comarca, comienzan su viaje migratorio hacia sus cuarteles de invierno en África.

Esto se produce una vez que han sacado las crías adelante. Los vencejos dejan de verse en las zonas urbanas y se observan grupos fuera de estos ambientes durante sus movimientos migratorios. 

Coñecer e estudar a fenoloxía das aves é fundamental para a súa conservación. O programa Aves e Clima de SEO/BirdLife cumpre 14 anos de recompilación de datos fenolóxicos que nos facilitan comprender o comportamento das aves. 

Anotar data de chegada e desaparición de especies migratorias proporciona unha valiosa información para coñecer os posibles cambios orixinados polo cambio climático no comportamento das aves.

O cirrio común (Apus apus) marcha das nosas cidades e vilas rumbo ás zonas de invernada en África. O abandono prodúcese no mesmo sentido que cando chegan. Van desaparecendo pouco a pouco das zonas máis meridionais de España xa desde mediados de xullo e é en agosto cando deixan de verse nas zonas máis setentrionais e vilas e cidades de montaña, ou de maior altitude.

Pero é agora e ata o mes de novembro cando os cirrios pálidos (Apus pallidus), que crían na nosa comarca, comezan a súa viaxe migratoria cara ao seus cuarteis de inverno en África.

Isto prodúcese unha vez que sacaron as crías adiante. Os cirrios deixan de verse nas zonas urbanas e obsérvanse grupos fóra destes ambientes durante os seus movementos migratorios. 

Rexistrar as datas dos diferentes eventos biolóxicos das aves e a súa contorna, como a chegada e partidas das diferentes especies migratorias, que require unha gran constancia ao longo dos anos, é un bo exercicio de Ciencia Cidadá, pois o rexistro dunha data é unha información moi valiosa. O rexistro continuado destes e outros moitos datos proporciona unha base sólida para detectar cambios na fenoloxía das especies, así, Aves e Clima, o programa de Ciencia Cidadá de SEO/BirdLife, recolle as datas para unha mesma localidade ou área (Estación de Fenoloxía) cada tempada. Tamén o rexistro de aves observadas nas nosas saídas ao campo nos dá información sobre patróns de presenza e movementos rexistrados na plataforma eBird.

“Cada ano estas datas de migración varían lixeiramente. Sobre todo, están influenciadas por diferentes factores como a latitude, a lonxitude, a dispoñibilidade de alimentos ou as condicións adversas ou favorables durante as viaxes migratorias, pero son as condicións meteorolóxicas as que xogan o papel máis importante”.

Este ano os cirrios chegaron en xeral máis tarde e haberá que esperar para ver se tamén marchan con máis atraso do habitual, segundo a información que achegan os colaboradores e voluntarios. 

Migración en cadea

Fóra da época de reprodución, os cirrios pasan as 24 horas do día no aire, durante un total de dez meses ao ano. Este feito contribuíu a que a especie desenvolva un patrón de migración único. Grazas á marcaxe con dispositivos especiais comprobouse que exhibe un patrón de migración en cadea, pouco frecuente nas aves. As poboacións reprodutoras do sur de Europa migran ás áreas de invernada máis ao sur en África mentres que as poboacións do norte pasan o inverno en zonas máis ao norte de África. 

Migración activa doutras aves

Nestas datas abandónannos moitas especies que só veñen no período de reprodución ao noso territorio. O rexistro das últimas observacións de aves comúns como andoriñas, andoriñas de cu branco, e incluso aves que están pasando pola nosa Reserva Ornitolóxica cara ás súas zonas de inverno, achegan datos moi valiosos para valorar posibles cambios a longo prazo nos seus patróns migratorios.

​

Enviada en - Ler entrada completa