Novas

DÍA DAS AVES 2020

A fin de semana do 3 e 4 de outubro SEO/BirdLife celebra o Día das Aves en moitos lugares de toda España e con centos de actividades de “paxareo”: rutas guiadas, obradoiros infantís,  conferencias, contacontos, puntos de observación de aves… 

As aves son os mellores indicadores do estado de saúde da nosa contorna, son símbolo de vida, de calidade de vida. Durante a celebración do Día das Aves alzamos a voz para garantir que os seus cantos se sigan escoitando ben forte co lema “As aves, indicadores de calidade de vida”.

En Galicia SEO/BirdLife celebraremos o Día das Aves o domingo 4 de outubro na Reserva Ornitolóxica do Grove, cunha ruta guiada na que poderemos observar as aves que agora ocupan este espazo protexido, xa sexan aves acuáticas, mariñas ou diferentes paxariños da contorna.

Anímate e participa!!

Se queres máis información sobre a saída só tes que enviarnos un correo.

As prazas son limitadas e van por orde de inscrición.

Para poder participar na excursión de SEO-Pontevedra é imprescindible inscribirse antes do xoves 1 de outubro.


Enviada en - Ler entrada completa

AVES ACUÁTICAS MIGRATORIAS

Foto: G. Ferreiro.


Si algo caracteriza ao concello do Grove, entre outras cousas, son as aves acuáticas que visitan a Reserva Ornitolóxica de SEO/Bird Life.

Estas datas son idóneas para gozar da migración outonal das aves que cada ano realizan desde o norte de Europa ata o África subsahariana.

Un dos mellores puntos da reserva para ver este paso outonal, ademáis dos da marisma, está na illa da Toxa.

Nesta popular illa e desde o aparcadoiro de autobuses hai un cómodo lugar para observar as aves que fan un alto no camiño para descansar e alimentarse antes de continuar a súa viaxe.

Aquí pódense ver gabitas comuns en números elevados, píllaras reais, pilros comúns, fuselos de rabo pinto e de rabo negro, mazaricos reais e chiadores, biluricos patirrubios e claros, píllaras cincentas (aínda coa súa vistosa plumaxe estival), virapedras comuns, etc.

Tamén é posible observar garzotas comuns, garzas reais, ademais de lavancos reais, corvos mariños grandes e variedade de gaivotas: patiamarelas, escuras, choronas, cabecinegras, gaivotóns e carráns cristados e, cun pouco de sorte, carráns pequenos, que agora frecuentan zonas litorais.

Cómpre destacar tamén os cullereiros comuns, que aos poucos aumentan en número ata chegaren ao pico de paso migratorio no mes de outubro.

Para observar aves acuáticas en paso outonala Illa da Toxa, na Reserva Ornitolóxica de O Grove, e por suposto, tendo en conta o estado das mareas: a mellor, catro horas logo da preamar.


Enviada en - Ler entrada completa

A RESERVA ORNITOLÓXICA DE SEO/BIRDLIFE DO GROVE E O TURISMO SAUDABLE

Paisaxe da Reserva Ornitolóxica de SEO/BirdLife do Grove. Foto: E. González.


Nacións Unidas considerou a importancia do Turismo Sustentable para o Desenvolvemento. Unha chamada de atención cara a un sector que xoga un papel esencial na economía de moitos países, entre eles España, e que cando non cumpre unhas regras mínimas de respecto ambiental carréxalle numerosos prexuízos á xente, aos hábitats e á biodiversidade.

O ecoturismo contribúe ao goce humano, á conservación da natureza e á cooperación socioambiental. Turismo, ademais, saudable, debido a que repercute de forma decidida no bo estado físico e mental das persoas e, por extensión, no emocional. 

Nacións Unidas considera o turismo un importante motor de desenvolvemento sustentable nas súas tres dimensións –económica, social e ambiental–, ademais dun instrumento positivo para educar, erradicar a pobreza, protexer o medio ambiente, mellorar a calidade de vida, empoderar economicamente as mulleres e os mozos, e crear empregos decentes. Para poñer todo isto enriba da mesa alenta a todos os estados e responsables na toma de decisións a promover medidas, en particular mediante a cooperación internacional, mobilizando á vez os grupos de interese para facer do turismo un catalizador de cambio positivo. 

SEO/BirdLife ten unha Rede de Reservas Ornitolóxicas formada por dez espazos que se distribúen pola xeografía nacional e sobre os que desenvolve distintas fórmulas de xestión ou relación con concellos ou propietarios privados. Case todas constitúen un claro destino de ornitoturismo. É o caso de Riet Vell, no Delta do Ebro; El Planerón, no val do Ebro; Las Marismas Blancas, en Astillero; Los Albardales, na Comunidade de Madrid, ou El Oso, na Moraña (Ávila). Nelas teñen lugar encontros e excursións ornitolóxicas, nas que se observan especies mariñas, esteparias, acuáticas, rapaces ou paseriformes. 

Un destes dez espazos témolo en Galicia. É a Reserva Ornitolóxica do Grove, creada hai uns anos pola súa abundancia, diversidade de aves e calidade ambiental. 

Esta reserva ornitolóxica situada na península do Grove cobre boa parte do termo municipal. É a reserva máis grande de España, a única en Galicia e a primeira que conta con medio mariño. 

Na nosa reserva non só se pode gozar da fauna e das súas fermosas paisaxes, senón de moitos elementos máis que entran dentro dos intereses destas saídas campestres, nas que a miúdo se mesturan tamén aspectos etnográficos, culturais ou gastronómicos. 

É a reserva idónea para practicar o turismo máis saudable.

Enviada en - Ler entrada completa

A AVENOITEIRA CINCENTA (Caprimulgus europaeus)


​

Avenoiteira cincenta. Ilustración: Encarna González.


Sombra do crepúsculo que se escorre entre as árbores. Rosmar afastado de noites de verán.

Esta é a avenoiteira cincenta, unha ave solitaria e descoñecida cuxa silueta estilizada é posible entrever nos luscofuscos estivais o á mañanciña, en arboredos con claros. Durante o día permanece inmóbil en pólas ou oculta no chan do bosque confiando no excelente mimetismo da súa fermosa plumaxe apincarada. Ten cola e alas longas. En voo a súa silueta é parecida á do cuco e voa lenta e erraticamente con algúns pairos e longos planares, coas ás ríxidas en forma de “V”. Durante o cortexo o macho palmea coa súas alas e voa alternando lentos batidos con pairos para mostrar as manchas brancas alares.

Detéctase polo seu estraño canto nocturno, un rosmar mecánico con cambios de marcha e algunhas pausas cortas que poden durar horas: “PRRRR-rrrrrr-RRRR-rrrrr…”, parecido ao afastado son dun motor.

Aliméntase de couzas e outros insectos voadores que captura ao voo coa boca aberta extremadamente grande.

En xeral frecuenta zonas abertas con arboredo disperso ou beiras de bosque: devesas de aciñeiras e carballos, freixais ou bosques mixtos. Tamén piñeirais abertos, ou de recente repoboación con claros, así como páramos, estepas e matogueiras, situados xeralmente en zonas elevadas. Evita áreas densamente forestadas.

Non constrúen niño, senón que poñen dous ovos entre maio e xullo nunha depresión superficial do chan sen revestir, preto dalgunha vexetación. Utilízano durante varios anos e poden facer dúas niñadas. Algunhas especies de avenoiteira realizan postas antes da lúa chea para que cando nazan os pitos poidan atrapar facilmente insectos nocturnos á luz da lúa. Os pitos son seminidífugos.

É unha ave estival estritamente migradora que inverna en latitudes tropicais de África chegando ao noso territorio en abril e maio e partindo entre setembro e outubro.

Agora podemos oír a avenoiteira por case todo o municipio do Grove, principalmente en zonas formadas por piñeirais abertos sen cobertura de mato, agás na parte máis poboada do extremo norte e no deforestado istmo da Lanzada. Calcúlase que no Grove e contorna crían entre 15 ou 30 parellas de avenoiteira cincenta. 

Os estraños nomes de Chotacabras (en castelán) e Caprimulgus veñen de crenzas infundadas de que mamaban das cabras.

Enviada en - Ler entrada completa

PÍLLARA DAS DUNAS EN LA RESERVA ORNITOLÓXICA DE SEO/BIRDLIFE DE O GROVE


                                                                                      Macho adulto de Chrlitejo patinegro. O Grove 31/05/2020. G. Ferreiro.

Este año han vuelto a reproducirse los chorlitejos patinegros o píllaras das duna (Charadriusalexandrinus) en la Reserva Ornitolóxica de O Grove.

Los chorlitejos han ocupado 2 playas de la reserva y han instalado 8 nidos.

Estos nidos han estado protegidos con su correspondientes balizados, salvo 1 que los chorlitejos han instalado durante el confinamiento por el coronavirus y no se le pudo hacer el control, aunque siguen en la playa. Otro nido ha sido abandonado por los adultos.

De momento han nacido 10 pollos de 4 nidos y quedan 3 por eclosionar. De los pollos que sobreviven 4 ya realizan vuelos cortos.

Hasta ahora miembros del grupo local SEO-Pontevedra, llevamos 84 horas de control y seguimiento en las playas de esta población reproductora.

También hemos informado de que los perros pueden producir abandonos de nidos y depredación de polluelos a 87 dueños de canes presentes en estos arenales. Uno de estos infractores ha sido multado por laGuardia Civil esta  misma semana por ser reincidente.

Queda mucho verano por delante y esperamos que los pollitos que  sobreviven y los que quedan por nacer salgan adelante.

Todos podemos colaborar para que los pequeños chorlitejos patinegros lleguen a volar y no se extingan de nuestras playas.

Solo que hay que ser responsables y cumplir la ley: ¡NON LEVES PERROS A PRAIA!

 

Enviada en - Ler entrada completa